Este mestrado foi deseñado para proporcionar ao estudante unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesonalizante en acuicultura. Ofrecerá ao estudante os coñecementos, destrezas e aptitudes básicos que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura, deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e responder ás necesidades de I I+D+i do sector, implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento da industria acuícola.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
10 |
A acuicultura é un sector estratéxico de desenvolvemento económico para Galicia que precisa día a día dun maior número de recursos humanos de alto nivel de capacitación. Xa existen organismos como o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) que nutren o mercado laboral de excelentes técnicos en acuicultura en distintos graos, pero tanto a industria como a administración precisa de titulados superiores que poidan sobre todo incorporarse tanto nas empresas como en distintas institucións públicas (centros tecnolóxicos, de investigación, universidades, etc.) para realizar tareas de I+D+i en Acuicultura.
Máis información: http://ciencias.udc.es/mestrados"
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Data última modificación/verificación ACSUG | 16/04/2018 |
Data autorización Consello Xunta | 13/03/2008 |
Data publicación autorización DOG | 28/03/2008 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 29/11/2012 |
Data publicación plan estudos DOG | 21/12/2012 |
Data publicación plan estudos BOE | 13/01/2012 |