Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria

2025/2026

Introdución

O Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria é un título oficial de Mestrado de 60 ECTS, adscrito ao ámbito de coñecemento Interdisciplinar. Cun total de 50 prazas de novo ingreso, conta con tres Especialidades, de 30 ECTS cada unha: dúas impartidas en modalidade semipresencial (Especialidade en Investigación e Innovación Sociosanitaria, de 20 prazas, e a Especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica, de 10 prazas ) e unha impartida online (Especialidade de Investigación Clínica, con 20 prazas).

Impártese en castelán e galego, na Facultade de Ciencias da Saúde (A Coruña). Para obter máis información, pode consultar a sección do título na web do centro: https://udc.es/es/fcs/mais/

O estudo está pendente de verificación

 

Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
50

Por que estudar a titulación

Este mestrado é a principal oferta de formación investigadora en Ciencias da Saúde deo contorno de A Coruña. Ademais, é a titulación de mestrado da UDC do ámbito sanitario de maior matrícula. En cada curso académico, o éxito de matrícula de alumnado de novo ingreso demostra que este título é unha aposta segura para o alumnado de Ciencias da Saúde.

Unha clave do interese do mestrado reside en que se desenvolve colaborando cos axentes da investigación sanitaria de A Coruña, en particular, a investigación básica e clínica desenvolvida polos grupos da UDC, o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) e o Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC).

Outra clave do interese do mestrado é a participación de docentes de Ciencias da Saúde (medicina, terapia ocupacional, enfermaría, fisioterapia e podoloxía) e outros afíns á experimentación biomédica (bioloxía) e de campos temáticos que abordan aspectos legais, éticos, sociais e instrumentais de investigación en Ciencias da Saúde (matemáticas, dereito, informática, educación física).

Unha terceira clave do gran interese do mestrado é a oferta diferenciada e especializada en formación investigadora a distintos colectivos e realidades do ámbito sanitario.

Dende a súa implantación (curso 2007-2008), o mestrado acolleu a estudantes dunha gran variedade de titulacións: Terapia Ocupacional, Enfermaría, Fisioterapia, Podoloxía, Medicina, Farmacia, Odontoloxía, Veterinaria, Ciencias de a Actividade Física e do Deporte, Traballo Social, Bioloxía, Biotecnoloxía, Química, etc., demostrando así o interese desta oferta formativa para un colectivo multidisciplinar e fortemente ligado á investigación biosanitaria.

Unha cuarta razón é a súa oferta académica organizada en tres Especialidades orientadas a distintas formacións investigadoras, adaptándose así aos requirimentos dos grupos de investigación da UDC, do CHUAC e do INIBIC.