O obxectivo do Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada é dar formación investigadora de posgrao. O plan de estudos consta de 60 créditos ECTS e está pensado para obter o título nun curso académico (de outubro a xullo), aínda que tamén se prevé que poida estudarse a tempo parcial, simultaneando os estudos co traballo, en cuxo caso a duración sería de dous cursos.
Pódese optar polas especialidades de Psicoloxía da Saúde ou Intervención Psicolóxica en Contextos Educativos, as cales, á súa vez, teñen continuidade nos respectivos doutoramentos a que dan acceso, permitindo ao alumnado estender a súa formación até a obtención do título de doutor/a.
As clases son impartidas por profesorado doutor de acreditado prestixio docente e investigador, en horario de tarde para facilitar a compatibilidade coa actividade laboral.
Para obter máis información pode consultar a WEB DO MESTRADO.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 8 de xullo de 2015.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
25 |
O Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada pretende afondar e ofrecer especialización nos seguintes aspectos:
Para obter máis información pode consultar a WEB DO MESTRADO.
Curso de comezo | 2009/2010 |
Data autorización Consello Xunta | 03/12/2009 |
Data publicación autorización DOG | 15/12/2009 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 29/09/2010 |
Data publicación plan estudos DOG | 31/01/2012 |
Data publicación plan estudos BOE | 19/12/2011 |