Grao aberto en Enxeñaría Industrial

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

Neste primeiro curso estúdase a base científica e técnica común á enxeñería, para a continuación unha vez elixida a titulación final que se desexa cursar, obter nos seguintes cursos os coñecementos propios da rama industrial e os da tecnoloxía específica da titulación.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O grao aberto non é propiamente titulación de grao, senón unha forma de entrada os graos que os conforman a través dun programa que permita ao alumno estar matriculado na UDC pero atrasar a decisión final sobre que grao cursar dentro dos integrados no programa. As saídas profesionais serán as propias dos estudos de grao que finalmente seleccione o alumno. Ademais, o Programa de Formación Complementaria permitiralle adquirir competencias adicionais ás do grao de elección.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Álxebra Formación básica 6 ECTS
Ciencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Xestión Empresarial Formación básica 6 ECTS

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.