Grao en Enxeñaría Eléctrica

2025/2026 · 240 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Xestión Empresarial Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Álxebra Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Ciencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecuacións Diferenciais Formación básica 6 ECTS
Termodinámica Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electricidade Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Medioambiental Obrigatorio 6 ECTS
Teoría de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxías de Fabricación Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Automática Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Instalacións Eléctricas en Baixa Tensión Obrigatorio 6 ECTS
Circuítos Eléctricos de Potencia Obrigatorio 6 ECTS
Centrais Eléctricas Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións de Enerxías Renovables Obrigatorio 6 ECTS
Máquinas Eléctricas Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión Obrigatorio 6 ECTS
Automatización Obrigatorio 6 ECTS
Electrónica de Potencia Obrigatorio 6 ECTS
Transporte de Enerxía Eléctrica Obrigatorio 6 ECTS
Accionamento de Máquinas Eléctricas Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Economía, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.