Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

2025/2026 · 240 créditos

Que se aprende

En primeiro lugar, estudarás a base científica e técnica común a todo enxeñeiro. Posteriormente, afondarás nos coñecementos propios da rama industrial, para finalmente especializarte no ámbito da electrónica industrial e a automática.

Aprenderás a: 

  • Organizar e xestionar proxectos.
  • Automatizar procesos industriais.
  • Deseñar e programar sistemas robotizados.
  • Despregar redes e dispositivos IIoT.
  • Deseñar sistemas electrónicos analóxicos e dixitais.
  • Deseñar e modelar convertedores de potencia avanzados.
  • Implementar sistemas de control avanzado e control intelixente.
  • Aplicar novas tecnoloxías de fabricación aditiva.
  • Despregar sistemas domóticos nun contexto de edificio intelixente.
  • etc.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Os graduados ou graduadas en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática poden exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, tanto no ámbito da Administración e organismos públicos (incluíndo a docencia), como no da empresa privada, ou ben exercela como profesional libre en calquera sector da industria.

Traballarás en:

  • Dirección de proxectos.
  • Xestión de posta en marcha.
  • Coordinación de mantemento.
  • Programación e intelixencia artificial.
  • Sistemas electrónicos industriais.
  • Automatización de procesos, visualización e control de plantas industriais.
  • Robótica, informática industrial.
  • Xestión electrónica da enerxía, domótica.
  • Tecnoloxías habilitantes da Industria 4.0.

Contorno profesional no que se sitúa

Podemos atopar Enxeñeiros en Electrónica Industrial e Automática en sectores tan diversos como o sanitario, servizos, docente, xestión, I+D+I, produción ou administracións públicas.

Os seus coñecementos e saber facer permítenlle acceder a postos de traballo e perfís moi variados como poden ser: proxectos e dirección de obra, mantemento, organización industrial e da produción, asistencia técnica e/ou comercial, xestión de compras e aprovisionamentos, calidade e ambiente, asesoría e consultoría, seguridade e saúde, ou Investigación Desenvolvemento e Innovación.

Saídas profesionais e académicas

Os graduados ou graduadas en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática poden exercer a profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, tanto no ámbito da Administración e organismos públicos (incluíndo a docencia), como no da empresa privada, ou ben exercela como profesional libre en calquera sector da industria.

Traballarás en:

  • Dirección de proxectos.
  • Xestión de posta en marcha.
  • Coordinación de mantemento.
  • Programación e intelixencia artificial.
  • Sistemas electrónicos industriais.
  • Automatización de procesos, visualización e control de plantas industriais.
  • Robótica, informática industrial.
  • Xestión electrónica da enerxía, domótica.
  • Tecnoloxías habilitantes da Industria 4.0.

Empresas e institucións colaboradoras

A EPEF dispón de máis de 200 convenios asinados con empresas de todos os sectores industriais. Entre elas:

  • Inditex
  • Navantia
  • Reganosa
  • Gamesa, S.A.
  • Televés, S.A.
  • Peugeot Citröen Automóviles España, S.A
  • Naturgy
  • Hijos de Rivera, S.A.U (Estrella Galicia)
  • Schneider Electric España, S.L.
  • Endesa
  • Ferrovial

Planificación do ensino

O título de Graduado ou Graduada en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática consta dun total de 240 créditos ECTS, distribuídos en catro cursos de 60 créditos cada un (que corresponden a 10 materias por curso, repartidas en dous cuadrimestres) a excepción do Traballo Fin de Grao (última materia que se vai cursar) que ten unha carga lectiva de 12 créditos.

Durante os tres primeiros cursos cúrsanse as materias obrigatorias e, en cuarto curso, ofértanse dous bloques de materias optativas: Bloque I e Bloque II. Cada bloque está formado por tres materias optativas propias de 4,5 ECTS cada unha, máis unha materias optativa de carácter xeral de 4,5 ECTS, sumando un total de 18 ECTS. O estudante deberá escoller un dos dous bloques e cursar os 13,5 ECTS de materias propias dese bloque, así como os 4,5 ECTS dunha materia optativa xeral, a elixir entre catro materias optativas xerais.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Optativa Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

Traballo Fin de Grao Segundo Cuadrimestre 12,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS

Profesorado

Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro