Grao en Podoloxía

2024/2025 · 240 créditos

Saídas profesionais e académicas

Unha das principais saídas profesionais é o exercicio libre da profesión en consultas privadas e empresas.

Outras saídas profesionais son as seguintes:

  • Docencia en facultades de Podoloxía.
  • Institucións públicas, residencias xeriátricas e fogares de pensionistas.
  • Compañías privadas de seguros con asistencia sanitaria.
  • Hospitais e centros asistenciais, a través das unidades do pé diabético.
  • Clubs e asociacións deportivas de fútbol, baloncesto etc.
  • Industria e servizos do calzado.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fisioloxía Humana Formación básica anual 9 ECTS
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico Formación básica anual 9 ECTS
Anatomía Xeral Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía Aplicada e Saúde Formación básica 6 ECTS
Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano Formación básica 6 ECTS
Anatomía Específica do Membro Inferior Formación básica 6 ECTS
Microbioloxía e Parasitoloxía Formación básica 6 ECTS
Podoloxía Xeral Obrigatorio 6 ECTS
Conceptos Xerais de Cirurxía Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía Formación básica 6 ECTS
Farmacoloxía Formación básica 6 ECTS
Biomecánica do Membro Inferior Obrigatorio 6 ECTS
Ortopodoloxía I Obrigatorio 6 ECTS
Quiropodoloxía I Obrigatorio 6 ECTS
Diagnóstico por Imaxe Obrigatorio 6 ECTS
Ortopodoloxía II Obrigatorio 6 ECTS
Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia Obrigatorio 6 ECTS
Patoloxía Podolóxica I Obrigatorio 6 ECTS
Quiropodoloxía II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Podoloxía Preventiva Obrigatorio 6 ECTS
Ortopodoloxía Clínica Obrigatorio 6 ECTS
Patoloxía Podolóxica II Obrigatorio 6 ECTS
Dermatoloxía Obrigatorio 6 ECTS
Cirurxía Podolóxica I Obrigatorio 6 ECTS
Podoloxía Física Obrigatorio 6 ECTS
Terapeútica Farmacolóxica Obrigatorio 6 ECTS
Cirurxía Podolóxica II Obrigatorio 6 ECTS
Prácticum I Obrigatorio 12 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Podoloxía Deportiva Obrigatorio 6 ECTS
Cirurxía Podolóxica Avanzada Obrigatorio 3 ECTS
Pé de Risco Obrigatorio 6 ECTS
Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico Aplicadas Obrigatorio 3 ECTS
Prácticum II Obrigatorio 12 ECTS
Ética, Lexislación e Xestión en Podoloxía Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS
Prácticum III Obrigatorio 12 ECTS
Reeducación Funcional das Afeccións Podolóxicas Optativo 6 ECTS
Técnicas de Anestesia e Reanimación en Podoloxía Optativo 6 ECTS
Innovación en Diagnóstico e Tratamento Ortopodolóxico mediante Técnicas de Materiais Optativo 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Saúde, Educación Física e Deportiva, Enxeñaría Naval e Industrial, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Matemáticas e Psicoloxía.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.