A titulación proporciona ao alumno os coñecementos necesarios para integrarse con éxito en calquera dos distintos ámbitos relacionados co sector naval, incluíndo principalmente aqueles necesarios para o deseño, construción e reparación de buques e artefactos oceánicos de todo tipo (plataformas offshore, sistemas de xeración enerxética, instalacións de acuicultura, etc.), así como para a inspección dos mesmos.
O ámbito en que os Graduados en Enxeñaría Naval e Oceánica terán competencias para redactar, asinar e desenvolver proxectos é o deseño de buques e artefactos oceánicos, así como dos seus sistemas de propulsión e auxiliares.
No caso dos nosos egresados do Grao de Enxeñería Naval e Oceánica, atópanse, unha gran maioría dos mesmos, empregados directamente en empresas e institucións do sector naval (estaleiros, navieras, enxeñerías, portos, sociedades de clasificación, administración, etc.), onde os graduados da Escola Politécnica Superior, agora EPEF, teñen unha gran reputación.
Este grao habilita para a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico/a naval (Orde CIN/350/2009) coas atribucións profesionais dos actuais enxeñeiros técnicos navais, tanto na especialidade de estruturas mariñas como na de propulsión e servizos do buque. Así mesmo, dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica, que habilita para exercer esa profesión regulada (Orde CIN/354/2009).
A situación xeográfica da EPEF na cidade de Ferrol, cidade cunha ampla tradición no sector naval, permite que as actividades profesionais e de investigación realizadas polos docentes da titulación están intimamente relacionadas co tecido industrial, favorecendo a interacción Universidade – Empresa e permitindo aos alumnos coñecer de preto a investigación aplicada ao sector marítimo de primeiro nivel internacional.
As saídas profesionais do graduado en Enxeñería Naval e Oceánica son moi numerosas, e abarcan todos os campos do sector naval. Así, inclúen a integración en:
Así mesmo, os graduados en Enxeñería Naval e Oceánica manteñen unha formación o suficientemente ampla como para poder empregarse con facilidade noutros campos da enxeñería diferentes ao naval.
A EPEF dispón de de mais de 200 convenios firmados con empresas de todos os sectores industriais, das cales as mais relevantes son:
O plan de estudos do grao en Enxeñería Naval e Oceánica estrutúrase en catro cursos, con dous cuadrimestres por curso. En cada cuadrimestre cúrsanse ordinariamente cinco materias.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Matemáticas 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Física 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Química | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Construción Naval e Sistemas de Propulsión | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estatística | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Expresión Gráfica | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Matemáticas 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Física 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Organización e Xestión da Empresa | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Métodos Informáticos | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Debuxo Naval | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ecuacións Diferenciais | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Electrotecnia | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Termodinámica Técnica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Mecánica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ciencia e Enxeñaría de Materiais | Obrigatorio | 2º | 4,5 ECTS | |
Automatismos, Control e Electrónica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Elasticidade e Resistencia de Materiais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Mecánica de Fluídos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Hidrostática e Estabilidade | Obrigatorio | 2º | 7,5 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Enxeñaría da Calidade e Medioambiente | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Transmisión de Calor | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Hidrodinámica Naval | Obrigatorio | 1º | 7,5 ECTS | |
Estruturas Mariñas 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Proxecto de Buques e Artefactos Mariños 1 | Obrigatorio | 1º | 7,5 ECTS | |
Estruturas Mariñas 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Máquinas Mariñas e Sistemas de Propulsión 1 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Sistemas Auxiliares do Buque 1 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Sistemas Hidráulicos e Pneumáticos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Procesos de Fabricación e Montaxe | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Tecnoloxía da Construción Naval | Obrigatorio | 1º | 7,5 ECTS | |
Vibracións e Ruídos | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Máquinas Mariñas e Sistemas de Propulsión 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Sistemas Auxiliares do Buque 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Sistemas Eléctricos e Electrónicos do Buque | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Prácticas en Empresa | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Transporte Marítimo | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Proxecto de Buques e Artefactos Mariños 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Mantemento e Reparación de Buques Con restriccións | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 13,5 ECTS | |
Buques de Guerra | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Visitas Técnicas | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.