Grao en Enxeñaría Mecánica

2024/2025 · 240 créditos

Que se aprende

Todos os graos en enxeñería comparten un sistema de formación similar que promove o sustento do coñecemento específico sobre unha sólida formación básica. Esta é quizá una das diferenzas fundamentais entre unha enxeñería e os estudos de grao medio (formación profesional). Por este motivo, entre os contidos propios hai materias básicas que ocupan os primeiros anos e específicas ou propias da titulación.

Así, os graduados en enxeñería mecánica adquiren coñecementos en teoría de máquinas e mecanismos, dinámica de vehículos, deseño e ensaio de máquinas, electrónica, sistemas e máquinas fluidomecánicas, automatismos e métodos de control, cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais, enxeñería térmica, resistencia de materiais, sistemas de produción e fabricación, tecnoloxías ambientais e sustentabilidade, organización de empresas, organización e xestión de proxectos, técnicas de enxeñería gráfica, elasticidade e resistencia de materiais, enxeñería de materiais, procesos de fabricación, metroloxía e control de calidade.

Para sustentar estes coñecementos específicos, o graduado en enxeñería mecánica recibe formación básica sobre a resolución dos problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñería, sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería, sobre o uso e programación dos computadores, sobre os principios básicos da química xeral, orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñería, sobre as técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador, sobre o concepto de empresa e o seu marco institucional e xurídico, sobre a termodinámica aplicada e transmisión de calor, sobre os principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñería, sobre os fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais e sobre os principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

En xeral aos enxeñeiros encoméndanselles as tarefas de deseño, cálculo e dirección en todos os ámbitos da industria. Neste sentido, é moi difícil deslindar que competencias son exclusivas dunha ou outra enxeñería. Agora ben, aos Graduado en Enxeñería Mecánica a lei confírelles as seguintes atribucións profesionais ( cfr. Lei 12/1986, do 1 de abril, sobre regulación da atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros técnicos e Orde CIN/351/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial):

  • A redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles nos seus respectivos casos, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que queden comprendidos pola súa natureza e características na técnica propia da enxeñería mecánica,
  • A dirección das actividades obxecto dos proxectos a que se refire o apartado anterior, mesmo cando os proxectos houberen sido elaborados por un terceiro,
  • A realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaciones, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos
  • O exercicio da docencia nos seus diversos graos nos casos e termos previstos na normativa correspondente e, en particular, conforme ao disposto na Lei Orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de Reforma Universitaria
  • A dirección de toda clase de industrias ou explotacións e o exercicio, en xeral respecto delas, das actividades a que se refiren os apartados anteriores

Entre as tecnoloxías propias (non exclusivas) da Enxeñería Mecánica pódense contar: motores de combustión interna, turbinas de gas, enxeñería ferroviaria, estruturas industriais, plantas industriais, bioingeniería, computadores e información en enxeñería, deseño, sistemas dinámicos e control, sistemas ambientais, enxeñería de fluídos, transmisión de calor, enxeñería electromecánica, xestión empresarial, materiais, acústica, metroloxía, análise e diagnósticos, enxeñería nuclear, enxeñería oceánica, enxeñería do petróleo, enxeñería de tubaxes, enerxía solar, etc.

Contorno profesional no que se sitúa

A revolución científico-tecnolóxica na que estamos inmersos, supón un incremento da demanda de enxeñeiros .

As características socioeconómicas da provincia da Coruña,que conta cun importante tecido empresarial e industrial, fai que a demanda de enxeñeiros sea constante.

Isto facilita a inserción dos nosos graduados, que teñen unha empregabilidade do 100%.

Saídas profesionais e académicas

  • Análise, deseño e ensaio de máquinas, motores e sistemas mecánicos en xeral
  • Sector automobilístico
  • Desenvolvemento de sistemas robotizados
  • Sistemas de fabricación, así como técnicas de fabricación e organización da produción
  • Proxecto e construción de fábricas e plantas industriais
  • Enxeñaría estrutural
  • Enxeñaría de instalacións industriais e para a edificación
  • Enxeñaría de mantemento
  • Enxeñaría de transporte
  • Xestión e organización de empresas
  • Participación en proxectos multidisciplinares
  • Participación en proxectos de investigación

Empresas e institucións colaboradoras

A EPS dispón de mais de 200 convenios firmados con empresas de todos os sectores industriais, das cales as mais relevantes son:

  • Inditex
  • Navantia
  • Reganosa
  • Gamesa,S.A
  • Televés,S.A
  • Pérez Torres Marítima,S.L
  • Peugeot Citröen Automóviles España,S.A
  • Naturgy
  • Hijos de Rivera,S.A.U (Estrella Galicia)
  • Schneider Electric España,S.L
  • Endesa
  • Ferrovial
  • Tecnalia Research&Innovation

Planificación do ensino

O título de Graduado en Enxeñería Mecánica pola Universidade da Coruña permite a especialización ou mención en Estruturas e Construción ou Máquinas. Estas mencións de especialización que complementan o título de graduado dos egresados, obtéñense cursando unhas determinadas materias optativas en terceiro e cuarto curso.

Para obter unha mención o alumno debe matricularse de 24 dos 36 créditos de optativas da mención correspondente. En caso de querer obter as dúas debe de matricularse en 24 de 36 créditos de optativas de cada unha das mencións.

As materias optativas que integran as mencións son as seguintes:

Mención en Mecánica de Máquinas

  • Elementos de máquinas
  • Actuadores e sensores
  • Mantemento
  • Enxeñaría de vehículos
  • Hidraúlica e pneumática
  • Análise de fallo en materiais

Mención en Estructuras e Construcción

  • Modelización de estruturas por elementos finitos
  • Tipoloxías estruturais
  • Tecnoloxía e deseño de estruturas
  • Soldadura
  • Construcións industriais II
  • Vibracións

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Física I Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Álxebra Formación básica 6 ECTS
Ciencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Estatística Formación básica 6 ECTS
Física II Formación básica 6 ECTS
Xestión Empresarial Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ecuacións Diferenciais Formación básica 6 ECTS
Fundamentos de Electricidade Obrigatorio 6 ECTS
Termodinámica Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Medioambiental Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Automática Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos de Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de Fluídos Obrigatorio 6 ECTS
Teoría de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Tecnoloxías de Fabricación Obrigatorio 6 ECTS
Organización de Empresas Obrigatorio 6 ECTS
Resistencia de Materiais II Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxía de Máquinas Obrigatorio 6 ECTS
Construcións Industriais I Obrigatorio 6 ECTS
Calor e Frío Industrial/Refrixeración Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas Obrigatorio 6 ECTS
Máquinas Térmicas e Hidráulicas Obrigatorio 6 ECTS
Metroloxía e Control de Calidade Obrigatorio 6 ECTS
Deseño e Análise Asistido por Ordenador Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xestión de Proxectos Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas Metálicas Con restriccións Optativo 6 ECTS
Hidráulica e Pneumática Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Soldadura Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Actuadores e Sensores Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Prácticas en Empresa Optativo 6 ECTS
Modelización de Estruturas por Elementos Finitos Optativo 6 ECTS
Tecnoloxía e Deseño de Estruturas Optativo 6 ECTS
Soldadura Optativo 6 ECTS
Elementos de Máquinas Optativo 6 ECTS
Actuadores e Sensores Optativo 6 ECTS
Hidráulica e Pneumática Optativo 6 ECTS
Proxecto Interdisciplinar I Optativo 6 ECTS
Elementos de Máquinas Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Estruturas II Con restriccións Optativo 6 ECTS
Enxeñaría de Vehículos Optativo 6 ECTS
Vibracións Optativo 6 ECTS
Comportamento en Servizo Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Mantemento Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Construcións Industriais II Con restriccións Optativo 4,5 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS
Tipoloxías Estruturais Optativo 6 ECTS
Construcións Industriais II Optativo 6 ECTS
Mantemento Optativo 6 ECTS
Análise de Fallo en Materiais Optativo 6 ECTS
Proxecto Interdisciplinar II Optativo 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.