Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Fundamentos da Información e a Documentación | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Informática para o Tratamento e Xestión da Información | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Historia da Cultura | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Mundo Contemporáneo e Globalización | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Socioloxía na Era da Información | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Fontes de Información e Recursos Dixitais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Organización e Xestión do Coñecemento | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Sistemas de Información para a Xestión Documental | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Fundamentos Estatísticos | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Sistema do Coñecemento: Filosofía, Ciencia e Tecnoloxía | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Biblioteconomía | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Comportamento Informacional | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Planificación e Xestión dos Servizos de Información | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Representación e Recuperación Dixital da Información I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Aspectos Xurídicos da Xestión da Información | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Avaliación, Análise e Calidade da Información | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Arquivística | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Xestión da Información Dixital | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Metodoloxía da Investigación en Información e Documentación | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
| Ciencia de Datos | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Ética e Deontoloxía Profesional | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Xestión, Publicación e Promoción de Contidos Dixitais | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Recursos de Información Especializada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Mundo Editorial e Industrias Culturais | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Introdución á Codicoloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Márketing Dixital de Servizos de Información | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Ciberseguridade | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Edición de Contidos Dixitais | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Linguaxes de Descrición de Información Dixital | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Tratamento de Datos Masivos | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Historia do Libro | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Museoloxía e Museografía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Novas Tecnoloxías para o Almacenamento, Xestión e Tratamento da Información | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Técnicas de Comunicación e Divulgación Científica | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
| Taller de Habilidades Informacionais e Dixitais: Técnicas Documentais Aplicadas ao Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS | |
| Prácticas Externas | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Economía, Empresa, Humanidades, Letras, Matemáticas, Pedagoxía e Didáctica e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.