Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias xenéricas do Grao en Humanidades.
Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias específicas do Grao en Humanidades.
Preme na ligazón Competencias completas do estudo para ver as competencias transversais do Grao en Humanidades.
Dirección de institucións educativas, xestión e dinamización cultural en administracións públicas e privadas, mundo editorial, creación de espazos virtuais e deseño de produtos. Turismo cultural, comunicación, docencia e investigación ou cooperación internacional.
No Grao de Humanidades imparten docencia os departamentos indicados no apartado de "Profesorado", que dan mostra da base que se ofrece para unha formación sólida e versátil. Esta titulación dispón de guía docente. Para consultala preme na ligazón que aparece a seguir: https://guiadocente.udc.es/guia_docent/index.php?centre=710&ensenyament=710G01
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes, cuxo obxecto é que o alumnado poida cursar parte dos seus estudos (un semestre ou un ano académico completo) nalgunha delas con pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente da UDC.
Nas convocatorias publícanse as prazas de que a UDC dispón para lles ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas.
Do mesmo xeito, todos os anos se convocan bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes, as cales serán tamén recoñecidas como parte do expediente académico ou no suplemento europeo ao título.
Cada estudante é libre de buscar a empresa ou institución de destino do EEES en que desexa facer as prácticas. Para estes efectos, a UDC conta cun taboleiro virtual en que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento. As convocatorias de mobilidade son xestionadas conxuntamente polos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos responsables de Relacións Internacionais, e a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da UDC. Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, o procedemento para conceder as prazas e os dereitos e obrigas dos estudantes réxense polo disposto no Regulamento de mobilidade da UDC.