Grao en Xestión Industrial da Moda

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda Obrigatorio anual 9 ECTS
Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento Obrigatorio anual 9 ECTS
Historia da Arte e da Moda Formación básica 6 ECTS
Fundamentos de Deseño Artístico da Moda Formación básica 6 ECTS
Fundamentos de Economía: Industria da Moda Formación básica 6 ECTS
Debuxo e Expresión Gráfica Aplicados á Moda Obrigatorio 6 ECTS
Antropoloxía da Moda Formación básica 6 ECTS
Tendencias Globais en Moda: Transformación Dixital e Sustentabilidade Formación básica 6 ECTS
Aspectos Xurídicos da Industria da Moda Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Márketing e Investigación de Mercados de Moda Obrigatorio anual 9 ECTS
Xestión Contable e Financeira na Empresa de Moda Obrigatorio anual 9 ECTS
Deseño de Moda Formación básica 6 ECTS
Ética e Deontoloxía Profesional da Industria da Moda Formación básica 6 ECTS
Sistemas e Tecnoloxías da Información Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos Matemáticos e Ferramentas para a Análise de Datos Formación básica 6 ECTS
Estética, Estilismo e Padronaxe Formación básica 6 ECTS
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións Obrigatorio 6 ECTS
Xestión Sustentable da Cadea de Valor da Moda Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xestión da Innovación Industrial en Moda Obrigatorio 6 ECTS
Dirección Estratéxica da Empresa de Moda Obrigatorio 6 ECTS
Negocio Dixital da Moda Obrigatorio 6 ECTS
Taller 1: Plan de Empresa de Moda Optativo 6 ECTS
Taller 2: Aplicacións de Xestión e Tecnoloxías do Coñecemento en Moda Optativo 6 ECTS
Taller 3: Fotografía de Moda Optativo 6 ECTS
Taller 4: Planificación, Deseño e Xestión de Produto de Moda Optativo 6 ECTS
Taller 5: Xestión de Tendencias e Coleccións Optativo 6 ECTS
Prácticas Externas Obrigatorio 18 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Economía, Empresa, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Expresión Gráfica Arquitectónica, Humanidades, Letras, Matemáticas, Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.