A Facultade de Humanidades e Documentación en xeral, e o Grao en Información e Documentación en particular, ofrecen unha formación de alta calidade tanto no aspecto puramente académico como na faceta máis profesional das diferentes técnicas documentais.
Doutra parte, dada a propia planificación do título, ofrécese tamén contidos de corte humanista que complementan e melloran a formación do alumnado.
Ambos os aspectos forman unha excelente base para o futuro profesional.
Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias xenéricas do Grao en Información y Documentación.
Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias específicas do Grao en Información y Documentación.
Preme sobre o enlace Competencias completas do Grao para ver as competencias transversais do Grao en Información y Documentación.
O Grao en Información e Documentación formúlase como principal obxectivo a formación de profesionais nos métodos de clasificación e catalogación de libros e documentos, os diferentes sistemas de arquivo, as normas de catalogación e clasificación, a organización de bibliotecas e o uso de fontes de información bibliográfica. Ademais será básica a formación en aspectos relacionados coa organización dos centros e coa aplicación das novas tecnoloxías.
Sectores:
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Xestión de Empresas e Institucións Culturais Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Galega Con restriccións | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Documentación Xeral Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Biblioteconomía Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Informática Documental Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Análise Documental Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Análise Documental de Contido Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estatística Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Catalogación Descritiva de Documentos Especiais Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Aspectos Xurídicos de Acceso á Información Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Planificación e Xestión de Unidades de Información Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Catalogación Formal de Documentos Electrónicos Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Xestión de Documentos Administrativos Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fontes de Información Especializadas Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Bases de Datos Documentais Con restriccións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Linguaxes de Indización Terminolóxicas Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xestión da Colección Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Linguaxes de Clasificación Alfanuméricas Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xestión da Calidade nas Organizacións Documentais Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estudos de Usuarios Con restriccións | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Natureza e Evolución das Unidades de Información Con restriccións | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Arquivos Municipais | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Políticas de Información Con restriccións | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Administración de Arquivos Históricos | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Fontes de Información en Ciencia e Tecnoloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Arquivos de Empresa | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Prácticas Externas (Prácticum) | Obrigatorio | 1º | 12 ECTS | |
Bibliotecas Dixitais | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Deseño de Recursos Informativos en Web | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Recuperación e Avaliación de Información Electrónica | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Promoción de Servizos en Unidades de Información | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Economía, Empresa, Humanidades, Letras, Matemáticas, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía, Química e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.