Grao en Arquitectura Técnica

2025/2026 · 240 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos Matemáticos para a Edificación Formación básica anual 9 ECTS
Xeometría Descritiva e da Representación Formación básica anual 9 ECTS
Expresión Gráfica Arquitectónica I Formación básica 6 ECTS
Fundamentos Mecánicos das Estruturas de Edificación Formación básica 6 ECTS
Materiais de Construción I Formación básica 6 ECTS
Construción I Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas de Edificación I Obrigatorio 6 ECTS
Fundamentos Físicos das Instalacións de Edificación Formación básica 6 ECTS
Ferramentas Gráficas Dixitais para a Edificación Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Economía e Organización de Empresas de Edificación Formación básica 6 ECTS
Estruturas de Edificación II Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións de Edificación I Obrigatorio 6 ECTS
Materiais de Construción II Obrigatorio 6 ECTS
Urbanística e Procedementos Administrativos Formación básica 6 ECTS
Construción II Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas de Edificación III Obrigatorio 6 ECTS
Expresión Gráfica Arquitectónica II Obrigatorio 6 ECTS
Materiais de Construción III Obrigatorio 6 ECTS
Topografía e Trazas de Planta Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Calidade e Sostibilidade na Edificación Obrigatorio 6 ECTS
Cimentacións e Xeotecnia Obrigatorio 6 ECTS
Construción III Obrigatorio 6 ECTS
Instalacións de Edificación II Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos Técnicos I Obrigatorio 6 ECTS
Construción IV Obrigatorio 6 ECTS
Construción V Obrigatorio 6 ECTS
Equipos e Medios Auxiliares para a Edificación Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos Técnicos II Obrigatorio 6 ECTS
Seguridade Laboral e Prevención Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Dereito Privado, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría Industrial, Expresión Gráfica Arquitectónica, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.