Grao en Educación Infantil

2025/2026 · 240 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Teoría da Educación Formación básica 6 ECTS
Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Currículo Formación básica 6 ECTS
Socioloxía da Educación Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía do Desenvolvemento de 0 a 6 Anos Formación básica 6 ECTS
Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Educación Formación básica 6 ECTS
Historia da Educación Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía da Aprendizaxe en Contextos Educativos Formación básica 6 ECTS
Valores e Educación para a Igualdade Formación básica 6 ECTS
Psicoloxía Clínica Infantil Formación básica 6 ECTS
Investigación e Avaliación da Calidade de Proxectos Educativos Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Educación Inclusiva e Multicultural Formación básica 6 ECTS
Organización e Avaliación de Institucións Educativas Formación básica 6 ECTS
Deseño de Ambientes de Aprendizaxe, Materiais e Recursos Didácticos Formación básica 6 ECTS
Educación Matemática Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Lingua Galega Obrigatorio 6 ECTS
Orientación e Titoría Formación básica 6 ECTS
Intervención Psicolóxica no Contexto Familiar Formación básica 6 ECTS
Didáctica da Lingua Castelá Obrigatorio 6 ECTS
Ensino das Ciencias da Natureza Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Expresión Corporal Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Deseño de Proxectos Educativos de 0 a 3 Anos Formación básica 6 ECTS
Intervención Psicolóxica e Prevención das Dificultades de Aprendizaxe Formación básica 6 ECTS
Didáctica da Expresión Musical Obrigatorio 6 ECTS
Literatura Infantil e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Medio Social e Cultural e a súa Didáctica Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Lingua Estranxeira Obrigatorio 6 ECTS
Didáctica da Expresión Plástica Obrigatorio 6 ECTS
Prácticum I Obrigatorio 9 ECTS
Medio Histórico e Xeográfico de Galicia e a súa Didáctica Optativo 4,5 ECTS
Xogos Motores Optativo 4,5 ECTS
Matemáticas e Xogo Optativo 4,5 ECTS
Ensino do Corpo Humano e de Hábitos Saudables Optativo 4,5 ECTS
Atención Temperá Optativo 4,5 ECTS
Bases Didácticas da Educación Especial Inclusiva Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticum II Obrigatorio 36 ECTS
Pedagoxía da Expresión Musical Optativo 4,5 ECTS
Infancia, TV e outras Pantallas Optativo 4,5 ECTS
Procesos Cognitivos na Discapacidade Intelectual Optativo 4,5 ECTS
Educación Psicomotriz e Habilidades Motrices Optativo 4,5 ECTS
Matemáticas na Vida Optativo 4,5 ECTS
Didáctica da Educación Ambiental e para a Sustentabilidade Optativo 4,5 ECTS
Didáctica da Dramatización e do Teatro Infantil Optativo 4,5 ECTS
Linguaxes Audiovisuais e Educación Artística Optativo 4,5 ECTS
Relixión, Cultura e Valores Optativo 4,5 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.