Os/as graduados/a en Educación Infantil aprenderán a dispoñer dos coñecementos (saber), destrezas (saber facer) e actitudes (saber ser e estar) necesarios para exercer a súa actividade profesional, aprenderán a resolver problemas de maneira autónoma, activa e crítica, á vez que terán a capacidade para colaborar cos centros educativos e co seu contorno.
A pesar de que as competencias que o alumnado debe adquirir, en esencia, débense considerar de maneira integrada, a Universidade da Coruña optou por un modelo de clasificación que se especifica a continuación, para poder facer unha análise dos seus compoñentes.
As competencias xenéricas refírense a competencias transferibles a multitude de situacións e tarefas e son definidas pola propia titulación.
Integran as competencias propias do saber ser e estar que non son exclusivas dun único ámbito disciplinar, senón que son comúns a todos eles.
Por exemplo, toda persoa titulada ten que ter capacidade para traballar en equipo, adaptarse a novas situacións, traballar de forma autónoma, comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional...
As competencias específicas integran as competencias propias do saber e do saber facer, que conforman o campo disciplinar propio da titulación. Son competencias relacionadas directamente coa ocupación/profesión. Deste xeito están directamente vinculadas aos diferentes módulos (de formación básica, didáctico e disciplinar e prácticum) do título.
Por exemplo, toda persoa titulada ten que coñecer o desenvolvemento da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6, e a capacidade para identificar dificultades de aprendizaxe, cognitivas e de atención, coñecer e saber exercer as funcións de profesorado titor e orientador en relación coa educación familiar, identificar trastornos no soño, a alimentación, o desenvolvemento psicomotor, a atención e a percepción auditiva e visual, atender as necesidades do alumnado e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto, comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora, coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil...
As competencias transversais son aquelas competencias definidas pola propia universidade que debería posuír calquera persoa universitaria que obtivese unha titulación na Universidade da Coruña.
Enténdense como competencias esenciais comúns ligadas á institución. Pódense abordar de forma integrada no currículo das materias e de forma específica a través de accións formativas desenvolvidas dende servizos da UDC como o Centro de Linguas, o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), a Aula de Formación Informática etc.
Por exemplo, toda persoa titulada ten que ter a capacidade para expresarse correctamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma, empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida, entender a importancia da cultura emprendedora...
A disposición adicional 12, punto 1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, establecen que o sistema de ingreso na función pública docente será o de concurso-oposición convocado polas respectivas administracións educativas.
Ámbito educativo.
O Grao en Educación Infantil habilita para a profesión regulada de mestra/e en Educación Infantil.
Docencia en Colexios de Infantil e Primaria públicos, concertados e privados.
Docencia en Escolas Infantís públicas e privadas.
Dinamización sociocultural noutros centros de atención á infancia como ludotecas e salas de xogo que realizan actividades lúdicas ou en ONGs, asociacións e fundacións culturais.
Elaboración de materiais en editoriais relacionadas con Educación Infantil.
Deseño de proxectos educativos de lecer infantil e/ou desenvolvemento dos mesmos. Por exemplo as actividades extraescolares en centro educativos (Luditarde).
Tendas especializadas na venda de materiais e servizos destinados a nenos.
Animador en institucións de difusión cultural especializado en nenos e nenas pequenos por exemplo os museos.
Empresas multimedia e TIC dedicadas ao mundo infantil.
Existen outras saídas académicas que lle permiten ao alumnado continuar os seus estudos na Facultade de Ciencias da Educación: *Mestrado Universi tario en Estudos Avanzados sobre a Comunicación, a Linguaxe e as súas Patoloxías. *Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa. *Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada. *Mestrado Universitario en Psicopedagoxía *Mestrado Interuniversitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria”*Centros que impartan educación infantil (0-3 e 3-6 anos).
*Docencia na Formación Profesional (Intervención Sociocomunitaria e Servizos á Comunidade).
*Ámbitos onde se requiran as súas competencias básicas.
Proxectos de Atención á Infancia Atención Integral a Unidades Familiares Ludotecas Obradoiros de Apoio Escolar Educación no tempo de ocio: Obradoiros de guiñol, de teatro, deporte, xogos tradicionais..... Animador de actividades infantis no terreo asistencial: cárceres, hospitais, menores con problemas de integración. Animador sociocultural. Traballo colaborativo con familias e comunidade. Educación Ambiental. Tanto a Administración Pública (Concellos, Diputacións, Institucions Penitenciarias....) como distintas organizacións privadas, ONGs, etc., convocan prazas referidas a actividades como as previamente mencionadas, cun perfil de formación ao que pode responder o Graduado en Educación Infantil.
O ensino organízase en catro cursos académicos cunha estrutura cuadrimestral. Todos os cuadrimestres teñen 30 créditos, agás os de cuarto curso, que constan de 36 créditos o primeiro e 24 o segundo. Este pequeno desaxuste xustifícase pola pretensión de dar maior peso ao Prácticum II e de reservarlle un período específico e exclusivo.
Todas as materias son cuadrimestrais, incluído o Prácticum I e II e o traballo de fin de grao, todas as de rama e obrigatorias teñen 6 créditos e todas as optativas 4,5.
A optatividade ofértase nos segundos cuadrimestres de terceiro e de cuarto. Unha vez implantado o plan na súa totalidade, o alumnado poderá elixir calquera das materias ofertadas con independencia de que cursen en terceiro ou en cuarto.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Teoría da Educación | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Currículo | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Socioloxía da Educación | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Psicoloxía do Desenvolvemento de 0 a 6 Anos | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Educación | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Historia da Educación | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Psicoloxía da Aprendizaxe en Contextos Educativos | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Valores e Educación para a Igualdade | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Psicoloxía Clínica Infantil | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Investigación e Avaliación da Calidade de Proxectos Educativos | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Educación Inclusiva e Multicultural | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Organización e Avaliación de Institucións Educativas | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Deseño de Ambientes de Aprendizaxe, Materiais e Recursos Didácticos | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Educación Matemática | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Didáctica da Lingua Galega | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Orientación e Titoría | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Intervención Psicolóxica no Contexto Familiar | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Didáctica da Lingua Castelá | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ensino das Ciencias da Natureza | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Didáctica da Expresión Corporal | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Deseño de Proxectos Educativos de 0 a 3 Anos | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Intervención Psicolóxica e Prevención das Dificultades de Aprendizaxe | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Didáctica da Expresión Musical | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Infantil e a súa Didáctica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Medio Social e Cultural e a súa Didáctica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Didáctica da Lingua Estranxeira | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Didáctica da Expresión Plástica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Prácticum I | Obrigatorio | 2º | 9 ECTS | |
Medio Histórico e Xeográfico de Galicia e a súa Didáctica | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Xogos Motores | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Matemáticas e Xogo | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Ensino do Corpo Humano e de Hábitos Saudables | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Atención Temperá | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Bases Didácticas da Educación Especial Inclusiva | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticum II | Obrigatorio | 1º | 36 ECTS | |
Pedagoxía da Expresión Musical | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Infancia, TV e outras Pantallas | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Procesos Cognitivos na Discapacidade Intelectual | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Educación Psicomotriz e Habilidades Motrices | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Matemáticas na Vida | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Didáctica da Educación Ambiental e para a Sustentabilidade | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Didáctica da Dramatización e do Teatro Infantil | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Linguaxes Audiovisuais e Educación Artística | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Relixión, Cultura e Valores | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
* Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (BOE, do 30 de outubro de 2007), modificado polo RD 861/2010.
* Liñas xerais para a implantación dos títulos de grao e posgrao no SUG, aprobadas polo Consello Galego de Universidades o 5 de novembro de 2007.
* Directrices para a elaboración das propostas de títulos de grao na Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno da UDC o 23 de novembro de 2007.
* Libro Branco. Título de Grao en Maxisterio (Madrid, ANECA, 2005, 2 vols.).
* Orde ECI/3854/2007 (Mestre de Educación Infantil, BOE do 29 de decembro de 2007).
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
Os estudantes poden solicitar mobilidade académica cos programas "Erasmus/Bilateral con fins de estudo" e "Erasmus Prácticas".