O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, historia económica etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía, etc.) e formación empresarial (organización, sistemas de información para a dirección, márketing, finanzas, fiscalidade, dirección e estratexia). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.
Os graduados en Ciencias Empresariais deberán aplicar os conceptos e técnicas propias das diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Así mesmo, están capacitados para tomaren decisións e asumiren tarefas directivas.
Os graduados en Ciencias Empresariais serán profesionais con gran capacidade analítica para a resolución de problemas. Cómpre salientar a profundidade dos coñecementos que adquiren no ámbito da contabilidade e dos sistemas de información na empresa.
Os graduados en Ciencias Empresariais deberán afrontar responsabilidades en postos de tipo medio ou alta dirección nun contexto económico e empresarial caracterizado pola súa crecente complexidade e dinamismo. Os procesos de globalización económica, coas súas repercusións no ámbito da internacionalización das empresas, determinarán o contorno de traballo destes titulados.
Os graduados en Ciencias Empresariais teñen preferencia para acceder aos mestrados universitarios que se imparten na Facultade de Economía e Empresa da UDC. Posteriormente, poderán acceder ao programa de doutoramento impartido neste centro.
Estes titulados están preparados para acceder a postos de traballo de responsabilidade media ou alta en calquera empresa. A súa formación polivalente permítelles coordinar, controlar, organizar, dirixir e planificar os programas de actuación e a política xeral dunha compañía.
Os titulados poderán desenvolver a súa actividade profesional nas áreas de contabilidade, marketing-comercialización, vendas, finanzas, loxística, recursos humanos, organización, estratexia, dirección, sistemas de información etc. A modo de exemplo, cítanse os seguintes perfís:
A Facultade de Economía e Empresa ten convenios asinados con empresas de diferentes sectores de actividade para a realización de prácticas con recoñecemento académico.
O centro ofrece información detallada sobre esta cuestión en:
Prácticas Académicas Externas
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Introdución ao Dereito | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Principios de Microeconomía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Economía da Empresa: Función Organizativa | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Matemáticas I | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Historia da Empresa | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Dereito Mercantil | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Economía Mundial e Española | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Economía da Empresa: Función Financeira | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Estatística I | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Matemáticas II | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Réxime Fiscal da Empresa I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Introdución á Socioloxía Industrial e da Empresa | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Contabilidade Financeira I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Análise das Operacións Financeiras | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Macroeconomía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Organización de Empresas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Contabilidade Financeira II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estatística II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dirección Financeira I | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Informática Aplicada á Empresa | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Réxime Fiscal da Empresa II | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Bases de Datos para a Empresa | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Contabilidade de Custos | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Introdución á Econometría | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dirección Financeira II | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito do Traballo e da Seguridade Social | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Réxime Fiscal da Empresa III | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Sistema Financeiro Español | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Inglés Empresarial | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Contabilidade de Sociedades | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Análise de Estados Financeiros | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Aplicacións Informáticas para a Empresa | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Inglés Empresarial Avanzado | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Mercadotecnia | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Finanzas Internacionais | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Mercados e Intermediarios Financeiros | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Introdución á Auditoría | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Sistemas de Información para a Xestión Financeira da Empresa | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Economía e Xestión da Empresa Familiar | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Comercio Exterior | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS | |
Prácticas Externas | Optativo | 2º | 12 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Letras, Matemáticas e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
Existen convenios con universidades europeas (Erasmus), iberoamericanas (bilaterais) e españolas (Sicue) para cursar materias da titulación con recoñecemento académico.
A facultade ofrece o detalle sobre estas accións de mobilidade en:
Mobilidade e Intercambio Internacional Mobilidade e Intercambio Nacional