Grao en Náutica e Transporte Marítimo

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

As materias do plan de estudos garanten a aprendizaxe das competencias relacionadas coa operación, a xestión náutica e a explotación comercial de buques, entre as cales se atopan a planificación e dirección da navegación, a manobra e o goberno de buques, a carga e a seguridade.

Os graduados adquiren unha formación ampla, que permite o acceso a outras actividades do sector marítimo, como a administración, as sociedades de clasificación e navieiras, entre outras.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

As competencias xenéricas establécense co obxectivo de que os estudantes acaden coñecementos, habilidades e actitudes útiles para desenvolverse non só no ámbito profesional senón tamén na vida cotiá dentro dunha sociedade crítica e en continuo cambio.

Deste xeito, o título recolle entre outras, competencias como:
  • Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria.
  • Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
  • Aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional

Competencias específicas

As competencias específicas garanten os coñecementos propios da profesión de Piloto da Mariña Mercante e desenvólvense nos contidos das materias de formación específica do Grao.

Cabe apuntar as seguintes:

  • Planificar e dirixir a navegación garantindo a seguridade e a protección do medioambiente
  • Realizar todas as operaciones relacionadas ca carga, sistemas de seguridade, loita contraincendios, mantemento dos equipos de cuberta, sinalizacións, comunicacións, atraque,etc.
  • Liderazgo para a organización e dirección da tripulación.
  • Realización de inspeccións, identificación de avarías, plans de continxencia e xestión da seguridade.

Competencias transversais

As competencias transversais son destrezas que permiten ao alumno desenvolver e aplicar as súas propias competencias en actividades diversas. Podemos destacar, a versatilidade, comunicarse de forma efectiva, traballo en equipo, iniciativa, responsabilidade social, etc.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

  • Administración marítima
  • Navieiras
  • Aseguradoras do sector
  • Prácticos de porto
  • Estaleiros
  • Vixilancia aduaneira
  • Control de tráfico
  • Instalacións náutico-deportivas
  • Inspección de buques
  • Ensino e acceso a mestrado e doutoramento

Empresas e institucións colaboradoras

Empresas e Institucións de distintos ámbitos colaboran cara a potenciar as competencias adquiridas polos estudantes fundamentalmente a través de convenios de prácticas. Destacan empresas navieiras, astaleiros, aseguradoras, prácticos, entre outras. Canto a Institucións, destacan Salvamento Marítimo e a Autoridade Portuaria da Coruña.

Planificación do ensino

As materias poden impartirse en castelán, galego e/ou inglés, segundo conste nas guías docentes de cada materia.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Matemáticas I Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Física Formación básica 6 ECTS
Construción Naval Obrigatorio 6 ECTS
Empresa e Dereito Formación básica 6 ECTS
Hixiene Naval e Riscos Laborais Obrigatorio 6 ECTS
Matemáticas II Formación básica 6 ECTS
Química Formación básica 6 ECTS
Informática Formación básica 6 ECTS
Inglés Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Economía Marítima Obrigatorio 6 ECTS
Navegación I Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas Enerxéticos e Auxiliares do Buque Obrigatorio 6 ECTS
Electricidade e Electrónica Obrigatorio 6 ECTS
Teoría do Buque I Obrigatorio 6 ECTS
Manobra I Obrigatorio 6 ECTS
Seguridade Marítima Obrigatorio 6 ECTS
Inglés Técnico Marítimo Formación básica 6 ECTS
Informática Aplicada Formación básica 6 ECTS
Navegación Astronómica Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estiba Obrigatorio 6 ECTS
Meteoroloxía e Oceanografía Obrigatorio 6 ECTS
Dereito Marítimo I Obrigatorio 6 ECTS
Navegación II Optativo 6 ECTS
Manobra II Optativo 6 ECTS
Sistemas de Navegación e Comunicacións Optativo 6 ECTS
Inspeccións Marítimas Optativo 6 ECTS
Contaminación Mariña e Atmosférica Obrigatorio 6 ECTS
Radiocomunicacións Marítimas Optativo 6 ECTS
Buques Tanque Optativo 6 ECTS
Xestión de Empresas Marítimas Optativo 6 ECTS
Códigos e Convenios Internacionais Optativo 6 ECTS
Xestión da Seguridade, a Calidade e o Medio Ambiente Marítimo Optativo 6 ECTS
Regulamento para Previr Abordaxes no Mar e Análise de Accidentes Obrigatorio 6 ECTS
BRM & ISM & ISPS Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Ciencias da Saúde, Dereito Privado, Economía, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A través do programa Erasmus+, o Centro conta con convenios de estudos con Universidades de Polonia, Finlandia, Bélxica, Portugal e Lituania, a través dos cales os alumnos poden realizar unha estadía dun curso académico no extranxeiro e con recoñecemento posterior no seu estudo de orixe.