Dentro da formación do grao atópanse materias como fotografía e iluminación, deseño aplicado, edición e montaxe, produción audiovisual, realización, guión, deseño de produción, audio ou ambientación sonora e musical.
Este grao engade o módulo de Deseño e Animación que diferencia o currículo do alumno respecto ás outras titulacións de comunicación que se ofrecen en Galicia, o que redunda nunha vantaxe cualitativa con respecto a outros nun mundo tan competitivo como o actual. Dentro deste módulo atópanse materias como infografía e animación 3D, postproducción dixital, videoxogos ou interacción 3D.
Outras materias importantes dentro do grao son as orientadas aos novos medios e soportes como estratexias de comunicación multimedia, transmedia, dispositivos móbiles, ou formatos e ferramentas web.
Finalmente, a oferta de posgrao permite tamén a especialización en produción audiovisual e de edición xornalística, en comunicación deportiva ou protocolo, entre outros.
O grao en Comunicación Audiovisual forma aos seus alumnos para desenvolver tarefas de dirección realización e produción en medios audiovisuais, guionistas, deseñadores de produción, de contido interactivo e multimedia.
Filmar, editar, compoñer, deseñar,modelar, animar, ambientar, sonorizar, difundir, organizar... en definitiva, facer que as túas ideas se transformen en produtos reais, rendibles, eficaces e eficientes.
Aquí aprenderás a comunicarte, a analizar con sentido crítico, a escoitar, a vender e promocionar, a ser aberto, colaborativo, multidisciplinar e global.
O alumno egresado desta titulación será un profesional con coñecemento de todos os aspectos do proceso de ideación, desenvolvemento e comercialización de produtos audiovisuais nos seus diferentes formatos e para os diferentes medios, desde o cine e a televisión ata os formatos multimedia, a animación 3D e os videoxogos; considerando o papel que xogan na actualidade os fenómenos de comunicación social, as novas audiencias e a distribución en liña.
Entre os papeis que os egresados poden asumir dentro da industria audiovisual atópanse:
Produtoras, medios de comunicación social e empresas en xeral que necesitan comunicarse.
Para a obtención do título de Graduado/a en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña, o estudante debe superar 240 créditos ECTS organizados da seguinte maneira:
O plan oferta dúas mencións dentro do grao en Comunicación Audiovisual: mención en Comunicación Audiovisual Multiplataforma e mención en Contidos 3D.
Seguindo esta formulación, a elección das materias optativas e da temática do Traballo Fin de Grao baséase na elección dunha das mencións.
As condicións para a obtención de cada unha das mencións detállanse no seguinte documento.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Comunicación Oral e Escrita | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Historia da Radio, a Televisión e a Multimedia | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Fundamentos Tecnolóxicos dos Medios Audiovisuais | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Expresión Gráfica | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Comunicación e Industrias Culturais | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Dereito | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Historia do Cine e da Animación | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Sector Audiovisual | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Informática Audiovisual | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Empresa | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Xornalismo Audiovisual | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Publicidade Audiovisual | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Comunicación Corporativa | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ficción Audiovisual | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estudo da Audiencia | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Deseño Aplicado | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Audio | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Informática para a Creación de Web e Vídeo | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Guión | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Formatos de Televisión e Novos Medios | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Análise Audiovisual | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Teoría e Práctica da Edición e a Montaxe | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Infografía 3D-1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Deseño de Produción e Dirección Artística | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Infografía 3D-2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ferramentas de Creación Multimedia | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ambientación Sonora e Musical | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estratexias de Comunicación Multimedia | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Ferramentas Web Avanzadas | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Videoxogos | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Obradoiro de Creación Multimedia | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Uso Profesional do Inglés | Optativo | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Organización e Produción Audiovisual | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Realización Audiovisual | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Posprodución Dixital | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Animación 3D-1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Animación 3D-2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Uso Profesional do Galego Con restriccións | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 18 ECTS | |
Efectos Especiais na Animación | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Actuación de Personaxes Animados | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Multimedia sobre Dispositivos Móbiles | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Interacción 3D | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Prácticas | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Publicacións Dixitais | Optativo | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Empresa, Enxeñaría Civil, Humanidades, Letras e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.