Grao en Comunicación Audiovisual

2024/2025 · 240 créditos

Que se aprende

Dentro da formación do grao atópanse materias como fotografía e iluminación, deseño aplicado, edición e montaxe, produción audiovisual, realización, guión, deseño de produción, audio ou ambientación sonora e musical.

Este grao engade o módulo de Deseño e Animación que diferencia o currículo do alumno respecto ás outras titulacións de comunicación que se ofrecen en Galicia, o que redunda nunha vantaxe cualitativa con respecto a outros nun mundo tan competitivo como o actual. Dentro deste módulo atópanse materias como infografía e animación 3D, postproducción dixital, videoxogos ou interacción 3D.

Outras materias importantes dentro do grao son as orientadas aos novos medios e soportes como estratexias de comunicación multimedia, transmedia, dispositivos móbiles, ou formatos e ferramentas web.

Finalmente, a oferta de posgrao permite tamén a especialización en produción audiovisual e de edición xornalística, en comunicación deportiva ou protocolo, entre outros.

 

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

O grao en Comunicación Audiovisual forma aos seus alumnos para desenvolver tarefas de dirección realización e produción en medios audiovisuais, guionistas, deseñadores de produción, de contido interactivo e multimedia.

Competencias específicas

Filmar, editar, compoñer, deseñar,modelar, animar, ambientar, sonorizar, difundir, organizar... en definitiva, facer que as túas ideas se transformen en produtos reais, rendibles, eficaces e eficientes.

Competencias transversais

Aquí aprenderás a comunicarte, a analizar con sentido crítico, a escoitar, a vender e promocionar, a ser aberto, colaborativo, multidisciplinar e global.

 

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

O alumno egresado desta titulación será un profesional con coñecemento de todos os aspectos do proceso de ideación, desenvolvemento e comercialización de produtos audiovisuais nos seus diferentes formatos e para os diferentes medios, desde o cine e a televisión ata os formatos multimedia, a animación 3D e os videoxogos; considerando o papel que xogan na actualidade os fenómenos de comunicación social, as novas audiencias e a distribución en liña.

Saídas profesionais e académicas

Entre os papeis que os egresados poden asumir dentro da industria audiovisual atópanse:

    1.- Director, guionista e realizador audiovisual nos distintos medios audiovisuais - cine, televisión, publicidade, radio, multimedia, transmedia- con coñecementos dos procesos técnicos e artísticos.
    2.- Produtor e xestor audiovisual: Profesional que deseña, planifica e organiza os recursos humanos, medios técnicos e orzamentarios para a produción de obras audiovisuais nos seus diversos formatos.
    3.-Deseño de produción e posproducción visual e sonora: Profesional experto no deseño de todos os aspectos vinculados á imaxe, o son e o grafismo nas diversas fases da produción audiovisual. O seu perfil profesional abarca as contornas dixitais e interactivas.
No ámbito académico:
    1.- Investigador en novos medios.
    2.- Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación audiovisual.
    3.- Analista das políticas e a economía do sector audiovisual tanto na escala nacional como global.
    4.- Docente nos ensinos superiores ou medios para impartir materias vinculadas á comunicación audiovisual, os novos medios e as novas tecnoloxías aplicadas ao audiovisual contemporáneo.

Empresas e institucións colaboradoras

Produtoras, medios de comunicación social e empresas en xeral que necesitan comunicarse.

 

Planificación do ensino

Para a obtención do título de Graduado/a en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña, o estudante debe superar 240 créditos ECTS organizados da seguinte maneira:

    • 60 ECTS correspondentes á Formación Básica. Estas materias, de carácter obrigatorio, desenvólvense durante o primeiro curso e no segundo cuadrimestre do segundo curso.
    • 138 ECTS en materias Obrigatorias que se desenvolven no segundo, terceiro e cuarto curso.
    • 24 ECTS en materias Optativas planificadas no terceiro e cuarto curso. Deben incluír as materias da mención elixida, e outras complementarias entre as que se atopa a materia Prácticas ata cubrir o total de ECTS.
    • Finalmente, 18 ECTS corresponden á realización do Proxecto de Fin de Grao, que debe adecuarse ás competencias adquiridas nos ensinos da mención elixida.

O plan oferta dúas mencións dentro do grao en Comunicación Audiovisual: mención en Comunicación Audiovisual Multiplataforma e mención en Contidos 3D.

Seguindo esta formulación, a elección das materias optativas e da temática do Traballo Fin de Grao baséase na elección dunha das mencións.

As condicións para a obtención de cada unha das mencións detállanse no seguinte documento.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Comunicación Oral e Escrita Formación básica 6 ECTS
Historia da Radio, a Televisión e a Multimedia Formación básica 6 ECTS
Fundamentos Tecnolóxicos dos Medios Audiovisuais Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Comunicación e Industrias Culturais Formación básica 6 ECTS
Dereito Formación básica 6 ECTS
Historia do Cine e da Animación Formación básica 6 ECTS
Sector Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Informática Audiovisual Formación básica 6 ECTS
Empresa Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xornalismo Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Publicidade Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Comunicación Corporativa Obrigatorio 6 ECTS
Ficción Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Estudo da Audiencia Obrigatorio 6 ECTS
Deseño Aplicado Formación básica 6 ECTS
Audio Obrigatorio 6 ECTS
Informática para a Creación de Web e Vídeo Obrigatorio 6 ECTS
Guión Obrigatorio 6 ECTS
Formatos de Televisión e Novos Medios Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación Obrigatorio 6 ECTS
Teoría e Práctica da Edición e a Montaxe Obrigatorio 6 ECTS
Infografía 3D-1 Obrigatorio 6 ECTS
Deseño de Produción e Dirección Artística Obrigatorio 6 ECTS
Infografía 3D-2 Obrigatorio 6 ECTS
Ferramentas de Creación Multimedia Obrigatorio 6 ECTS
Ambientación Sonora e Musical Obrigatorio 6 ECTS
Estratexias de Comunicación Multimedia Optativo 6 ECTS
Ferramentas Web Avanzadas Optativo 6 ECTS
Videoxogos Optativo 6 ECTS
Obradoiro de Creación Multimedia Optativo 6 ECTS
Uso Profesional do Inglés Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Organización e Produción Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Realización Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Posprodución Dixital Obrigatorio 6 ECTS
Animación 3D-1 Obrigatorio 6 ECTS
Animación 3D-2 Obrigatorio 6 ECTS
Uso Profesional do Galego Con restriccións Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 18 ECTS
Efectos Especiais na Animación Optativo 6 ECTS
Actuación de Personaxes Animados Optativo 6 ECTS
Multimedia sobre Dispositivos Móbiles Optativo 6 ECTS
Interacción 3D Optativo 6 ECTS
Prácticas Optativo 6 ECTS
Publicacións Dixitais Optativo 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Empresa, Enxeñaría Civil, Humanidades, Letras e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.