Grao en Comunicación Audiovisual

2024/2025 · 240 créditos

Que se aprende

O grao en Comunicación Audiovisual ten como finalidade ofrecer ao estudantado unha formación sólida e versátil que o capacite para abordar de forma crítica, creativa e profesional os procesos de ideación, produción e difusión de contidos audiovisuais dirixidos ao público nun contorno mediático en constante transformación e tecnoloxicamente avanzado. Coa nova modificación do grao, que se comezará a impartir no curso 2025/26, dáse un paso máis na adaptación destes estudos aos retos que formula a sociedade actual e, especialmente, o sector da comunicación.

O grao proporciona ao alumnado unha formación teórica e práctica nos distintos códigos e oficios cos que pode desenvolver a súa tarefa como comunicador/a audiovisual, así como unha comprensión e práctica dos procesos de creación de produtos audiovisuais orientados a distintos públicos.

Ademais, o título ofrece dúas opcións de mención. A mención en Comunicación Audiovisual Multiplataforma permite ao alumnado ampliar a súa formación cara á realidade multimedia e transmedia dos contidos audiovisuais contemporáneos. A mención en Contidos Interactivos e 3D orienta a formación cara á comunicación audiovisual interactiva e á integración de contidos de imaxe real e virtual. A estrutura do plan de estudos permite ao estudantado trazar un itinerario formativo acorde aos seus intereses e ás demandas actuais do mercado laboral.

 

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

O grao en Comunicación Audiovisual forma aos seus alumnos para desenvolver tarefas de dirección realización e produción en medios audiovisuais, guionistas, deseñadores de produción, de contido interactivo e multimedia.

Competencias específicas

Filmar, editar, compoñer, deseñar,modelar, animar, ambientar, sonorizar, difundir, organizar... en definitiva, facer que as ideas se transformen en produtos reais, rendibles, eficaces e eficientes.

Competencias transversais

A través da análise crítica de discursos audiovisuais, impúlsase unha comprensión das súas implicacións sociais, culturais e ideolóxicas. Tamén desarrollan habilidades de xestión, liderazgo e coordinación de equipos e recursos. Destácase ademais a dimensión ética do traballo audiovisual, con enfoque na responsabilidade social, a igualdade de xénero e a protección dos dereitos humanos.

 

Saídas profesionais e académicas

As persoas graduadas en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña están preparadas para incorporarse con solvencia a un amplo abano de saídas profesionais dentro do sector audiovisual. Entre os perfís máis habituais atópanse a dirección, realización e produción en cine, televisión, radio e medios dixitais; a creación de contidos multimedia e interactivos; o deseño e desenvolvemento de proxectos en contornos transmedia; así como a escritura de guións, a dirección artística ou a xestión de contidos en plataformas de streaming e redes sociais.

Ademais, a súa formación polivalente permítelles desempeñar funcións en departamentos de comunicación, axencias de publicidade, estudos de animación, videoxogos ou no ámbito da docencia e da investigación. A versatilidade do plan de estudos, xunto coa orientación práctica e creativa do grao, proporciona ao alumnado as ferramentas necesarias para adaptarse a un contorno profesional dinámico e en constante evolución.

Contorno profesional no que se sitúa

As características socioeconómicas de Galicia avalan este título ao atoparse nunha zona cun forte pulo do sector audiovisual, como demostra o crecemento sostido das producións locais, estatais e internacionais. Así mesmo, este crecemento conta co apoio de organismos como AGADIC e asociacións como AGAPI, CLAG, CREA ou AGA, que agrupan a diferentes profesionais do sector. Ademais, a Universidade da Coruña (en diante, UDC) sitúase nun contorno que acolle numerosas empresas audiovisuais de referencia, como Abano Produccións, Adivina Producciones, Congo Producciones, Vaca Films ou Voz Audiovisual, entre outras, orientadas tanto á imaxe real como á animación. Estas empresas son creadoras de múltiples produtos de éxito tanto a nivel nacional como internacional. Un dos obxectivos do grao en Comunicación Audiovisual é formar profesionais que nutran e impulsen o sector, mantendo un contacto constante e colaborativo co tecido empresarial.

A realidade do complexo contexto audiovisual actual esixe a formación de profesionais especializados en contidos multiplataforma e en contidos 3D, que se diferencien doutras especialidades. Entre as necesidades e oportunidades de futuro do sector, destaca a produción virtual con Intelixencia Artificial (IA). Un dos proxectos nos que participa a UDC é a denominada “Cidade das TIC”, que contará cun plató virtual de grandes dimensións, chamado a ser o maior construído en España ata a data. A construción deste plató xa está en marcha. O uso destas tecnoloxías require coñecementos específicos e adaptados aos novos métodos de rodaxe, que abranguen desde a creación de contidos 3D ata a visualización en tempo real.

Saídas profesionais e académicas

O alumnado egresado desta titulación será un profesional cun coñecemento integral dos procesos de ideación, desenvolvemento e comercialización de produtos audiovisuais, en múltiples formatos e medios: cine, televisión, animación 3D, videoxogos e contidos multimedia. Esta formación considérase nun contexto marcado polas plataformas dixitais, a intelixencia artificial, as novas audiencias e a distribución en liña.

Entre os perfís profesionais aos que poderá acceder, destacan:

1. Director/a, guionista e realizador/a audiovisual nos distintos medios (cine, televisión, publicidade, radio, multimedia), cun dominio dos procesos técnicos e artísticos.

2. Produtor/a e xestor/a audiovisual: Profesional encargado do deseño, planificación e organización dos recursos humanos, técnicos e orzamentarios para a produción de obras audiovisuais en diferentes formatos.

3. Deseñador/a de produción e posprodución visual e sonora: Profesional experto no deseño de todos os elementos vinculados á imaxe, ao son e ao grafismo en todas as fases da produción audiovisual, tanto en contornos tradicionais como dixitais e interactivos.

No ámbito académico, o título capacita para:

1. Investigación en novos medios.

2. Especialización na análise de fenómenos e procesos da comunicación audiovisual.

3. Análise das políticas e economía do sector audiovisual a nivel nacional e internacional.

4. Docencia en ensinanzas medias ou superiores, en materias vinculadas á comunicación audiovisual, aos novos medios e ás tecnoloxías aplicadas ao audiovisual contemporáneo.

Empresas e institucións colaboradoras

O grao conta coa participación de diferentes profesionais do sector a través das prácticas, así como de charlas ou seminarios impartidos ao alumnado. Deste xeito, os estudantes teñen acceso directo a empresas audiovisuais para coñercer de preto o traballo que desenvolven.

 

Planificación do ensino

Para obter o título de Graduado/a en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña, o estudante debe superar 240 créditos ECTS organizados da seguinte maneira:

    • 60 ECTS correspondentes á Formación Básica. Estas materias, de carácter obrigatorio, cursaranse durante o primeiro e o segundo curso.
    • 132 ECTS en materias Obrigatorias que se desenvolven principalmente no segundo, terceiro e cuarto curso.
    • 30 ECTS en materias Optativas planificadas no terceiro e cuarto curso. Deben incluír as materias da mención elixida, e outras complementarias entre as que se atopa a materia Prácticas.
    • 18 ECTS correspondentes á realización do Proxecto de Fin de Grao, que debe adecuarse ás competencias adquiridas nos ensinos da mención elixida.

O plan oferta dúas mencións dentro do grao en Comunicación Audiovisual: mención en Comunicación Audiovisual Multiplataforma e mención en Contidos Interactivos e 3D.

Para acadar unha destas mencións, as materias optativas elixidas e a temática do Traballo de Fin de Grao deberán estar aliñadas cos obxectivos específicos de cada itinerario.

Durante o curso 2025/26 iniciarase a implantación do grao modificado, conforme ao seguinte calendario:

Curso 2025-2026: 1º curso

Curso 2026-2027: 1º e 2º curso

Curso 2027-2028: 1º, 2º e 3º curso

Curso 2028-2029: 1º, 2º, 3º e 4º curso

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Comunicación Oral e Escrita Formación básica 6 ECTS
Historia da Radio, a Televisión e a Multimedia Formación básica 6 ECTS
Fundamentos Tecnolóxicos dos Medios Audiovisuais Formación básica 6 ECTS
Expresión Gráfica Formación básica 6 ECTS
Comunicación e Industrias Culturais Formación básica 6 ECTS
Dereito Formación básica 6 ECTS
Historia do Cine e da Animación Formación básica 6 ECTS
Sector Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Informática Audiovisual Formación básica 6 ECTS
Empresa Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Xornalismo Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Publicidade Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Comunicación Corporativa Obrigatorio 6 ECTS
Ficción Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Estudo da Audiencia Obrigatorio 6 ECTS
Deseño Aplicado Formación básica 6 ECTS
Audio Obrigatorio 6 ECTS
Informática para a Creación de Web e Vídeo Obrigatorio 6 ECTS
Guión Obrigatorio 6 ECTS
Formatos de Televisión e Novos Medios Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación Obrigatorio 6 ECTS
Teoría e Práctica da Edición e a Montaxe Obrigatorio 6 ECTS
Infografía 3D-1 Obrigatorio 6 ECTS
Deseño de Produción e Dirección Artística Obrigatorio 6 ECTS
Infografía 3D-2 Obrigatorio 6 ECTS
Ferramentas de Creación Multimedia Obrigatorio 6 ECTS
Ambientación Sonora e Musical Obrigatorio 6 ECTS
Estratexias de Comunicación Multimedia Optativo 6 ECTS
Ferramentas Web Avanzadas Optativo 6 ECTS
Videoxogos Optativo 6 ECTS
Obradoiro de Creación Multimedia Optativo 6 ECTS
Uso Profesional do Inglés Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Organización e Produción Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Realización Audiovisual Obrigatorio 6 ECTS
Posprodución Dixital Obrigatorio 6 ECTS
Animación 3D-1 Obrigatorio 6 ECTS
Animación 3D-2 Obrigatorio 6 ECTS
Uso Profesional do Galego Con restriccións Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Grao Obrigatorio 18 ECTS
Efectos Especiais na Animación Optativo 6 ECTS
Actuación de Personaxes Animados Optativo 6 ECTS
Multimedia sobre Dispositivos Móbiles Optativo 6 ECTS
Interacción 3D Optativo 6 ECTS
Prácticas Optativo 6 ECTS
Publicacións Dixitais Optativo 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Empresa, Enxeñaría Civil, Humanidades, Letras e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A Facultade conta con acordos de intercambio con outros centros universitarios de Europa (Portugal, Italia, Eslovenia, Finlandia) e América Latina (Arxentina, Chile, México, Uruguay). Ademais, dentro do programa SICUE, facilita o intercambio entre facultades españolas.