Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Álxebra Lineal | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Probabilidade e Estatística Básica | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Cálculo Multivariable | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Inferencia Estatística | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Internet: Redes e Datos | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Programación I | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Matemática Discreta | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Tecnoloxía Electrónica | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Programación II | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fundamentos dos Computadores | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Administración e Xestión de Organizacións | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.