Este grao proporciona unha formación ampla no ámbito dos estudos sobre a lingua, a literatura e a cultura no mundo hispánico. Estúdanse as diferentes ramas do saber filolóxico (gramática, pragmática, sociolingüística, historia da lingua, movementos e xéneros literarios, autoras e autores da literatura etc.) aplicadas ao español. Desta forma, o alumnado fica preparado para desenvolver con éxito as responsabilidades da súa actividade laboral.
Ao mesmo tempo, permite adquirir unha moi boa competencia plurilingüe (español, galego e inglés, aínda que tamén opcionalmente francés, italiano e portugués), o que redunda de xeito positivo nas competencias profesionais.
Entre as habilidades xenéricas que adquire o estudantado cómpre sinalarmos a capacidade de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica; a competencia para analizar e comentar textos e discursos literarios e non-literarios utilizando as técnicas modernas da análise textual; a habilidade para aplicar as novas tecnoloxías ao estudo do fenómeno lingüístico e literario; a capacidade de apreciar os valores artísticos, culturais e estéticos nos textos literarios e a habilidade para pór en relación a lingua, a literatura, a historia e a cultura.
Ao rematar a titulación, cada estudante terá interiorizadas como competencias transversais, entre outras, as seguintes:
As saídas laborais deste grao enmárcanse preferentemente no campo humanístico, lingüístico-literario e cultural.
O alumnado que se graduar no Grao en Español disporá dunha especialización moi alta no ámbito lingüístico e literario hispánico. Por iso, conectará cun contexto profesional tamén especializado con itinerarios laborais como o ensino no ámbito público e privado (academias, colexios, institutos, lectorados en universidades estranxeiras etc.), o asesoramento lingüístico e sociocultural, a tradución, a elaboración ou corrección de textos etc.
O estudantado pode, igualmente, continuar a súa formación superior e acceder aos diversos mestrados que se imparten na facultade.
A Facultade de Filoloxía mantén convenios de colaboración con máis de vinte entidades para que o alumnado poida entrar en contacto co ámbito laboral. Neses convenios, que se renovan cada ano, organízanse as prácticas externas extracurriculares. Así, o estudantado entra en contacto co mundo editorial, centros tecnolóxicos, bibliotecas, institucións culturais etc. e pode comprobar en primeira persoa as posibilidades profesionais con que conta despois dos estudos.
Algúns dos organismos en que se realizan as prácticas son os seguintes: Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña), Casa Museo Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela) etc.
O plan de estudos do Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios estrutúrase en catro anos académicos organizados por cuadrimestres, excepto no segundo curso, en que dúas materias teñen carácter anual. Nos dous primeiros cursos, todas as materias son de carácter obrigatorio e resultan comúns aos graos en español e inglés.
A partir desta formación común, no terceiro e cuarto ano cada estudante poderá afondar no estudo da lingua española e as súas literaturas correspondentes (española, hispanoamericana), con base tamén nas materias complementares e transversais.
O plan de estudos distribúese en 240 créditos, dos cales 120 son cursados no primeiro e no segundo ano nas materias comúns; no terceiro e cuarto ano cursaranse 78 créditos nas materias obrigatorias, un mínimo de 18 nas materias específicas, un máximo de 18 nas materias optativas xerais e 6 no Traballo de Fin de Grao.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Lingua Española 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Galega 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Inglesa 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingüística Xeral | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Introdución aos Estudos Literarios | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingua e Cultura Clásica | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Tecnoloxías da Información e da Comunicación | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Lingua Inglesa 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Historia | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Literatura Inglesa 1 | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Literatura Española | Obrigatorio | anual | 9 ECTS | |
Literatura Galega | Obrigatorio | anual | 9 ECTS | |
Lingua Española 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Galega 2 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Lingua Inglesa 3 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Idioma Moderno: Francés | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Idioma Moderno: Italiano | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Idioma Moderno: Portugués | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Idioma Moderno: Alemán | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Literatura Inglesa 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Técnicas de Tradución | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Lingua Inglesa 4 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O Grao en Español: Estudos Linguísticos e Literarios foi deseñado tendo en conta a anterior licenciatura en Filoloxía Hispánica. Asemade, tamén se tiveron presentes os estudos lingüísticos e literarios de diferentes universidades europeas, onde é moi frecuente que se estuden cando menos dúas linguas de maneira conxunta (Francia, Italia, Portugal...) e as súas literaturas respectivas, ben como materias de lingüística, teoría literaria e tradución.
A elaboración do plan de estudos desta titulación realizouse ao abeiro das Directrices para a elaboración de títulos de grao na UDC aprobadas polo Consello de Goberno desta universidade en 2007. Contou cunha comisión redactora, composta por nove membros, na cal todos os sectores da comunidade universitaria estiveron representados (alumnado, profesorado e PAS). O anteproxecto foi exposto publicamente, debatido e, por último, aprobado pola Xunta de Facultade.
Ao longo do proceso de planificacion do grao mantivéronse diversas reunións cos decanos doutros centros (Facultade de Humanidades da UDC, Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo etc.).
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Humanidades e Letras.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
A Facultade de Filoloxía da UDC conta cunha longa tradición de participación e cooperación na elaboración de estratexias de mobilidade do estudantado, particularmente no ámbito europeo. Isto favorece o contacto con outras realidades lingüísticas, literarias, culturais e sociais de diferentes países, co evidente enriquecemento cultural e persoal do alumnado.
Grazas aos convenios existentes, as persoas que cursaren o Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios teñen a posibilidade de completaren parte da titulación nunha universidade española ou estranxeira. Así mesmo, mediante os programas SICUE e Erasmus-Sócrate, existe a posibilidade de estudar durante un cuadrimestre ou mesmo durante un ano enteiro nas universidades de Almería, Autónoma de Madrid, Barcelona, Brest etc.