Apréndese a ser un profesional cun perfil eminentemente xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co mundo do dereito e con capacidade para liderar o desenvolvemento de proxectos e adaptarse de xeito eficiente a un ámbito de rápida evolución.
Respecto ao contido adquírese un coñecemento teórico e práctico do noso sistema xurídico, tanto o de ámbito nacional como o autonómico e o europeo.
Os nosos alumnos tamén aprenden a argumentar e a manexar as ferramentas básicas para actuar nos tribunais, nos despachos de avogados, administracións públicas etc.
Podes obter máis información premendo aquí.
Entre outras, algunhas das competencias xenéricas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes :
Entre outras, algunhas das competencias específicas que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:
Entre outras, algunhas das competencias transversais que se adquiren co Grao en Dereito son as seguintes:
O título de graduado en Dereito conseguirá que o alumnado que remate os estudos conte cunha formación teórica e práctica no noso sistema xurídico, tanto o de ámbito nacional coma o autonómico e o europeo.
Os graduados serán capaces de comprenderen o funcionamento do sistema xurídico, saberán argumentar en dereito e coñecerán as ferramentas básicas para actuar nos tribunais.
Desde o punto de vista da inserción laboral, os nosos graduados en Dereito contan cunhas perspectivas altas de accederen a un emprego, pois a versatilidade dos estudos, posibilítalles desempeñar unha actividade xurídica tanto no campo privado como no público.
Pero sobre todo, as características socioeconómicas tanto da cidade da Coruña coma da súa área metropolitana contan cun importante desenvolvemento dos sectores de servizos e industria que precisan de profesionais do ámbito xurídico.
Na cidade ten a súa sede o máximo órgano xudicial da Comunidade Autónoma, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Audiencia Provincial e un importante número de xulgados.Así mesmo, na capital herculina aséntase a Delegación do Goberno en Galicia e un bo número de organismos autonómicos, o que determina unha gran demanda de postos na administración pública.
Polo que respecta á iniciativa privada, son especialmente significativas as empresas dedicadas ao mundo da banca e ao sector téxtil, todas elas cunha clara necesidade de contar con gabinetes ou servizos xurídicos.As principais saídas profesionais son as seguintes:
As principais empresas e institucións que colaboran, principalmente para a realización das prácticas externas son as seguintes:
O Grao en Dereito articúlase en catro cursos -240 créditos ECTS- e, á súa vez cada curso, en materias cuadrimestrais. Cunha media de cinco materias en cada cuadrimestre.
Concretamente, o plan de estudos distribúese do seguinte modo:
O primeiro curso está integrado por materias de formación básica cunha equivalencia de 60 créditos repartidos entre materias correspondentes á rama de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas.O resto de créditos ata completar os 240 repártense do seguinte xeito: 144 créditos obrigatorios e 30 optativos.
Dentro das materias optativas encóntranse a posibilidade de realizar prácticas externas cunha asignación de 6 créditos.Finalmente, está prevista a realización do traballo de fin de grao e a súa defensa só será posible se se superaron todos os créditos do grao (este traballo ten unha equivalencia de 6 créditos ECTS).
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Fundamentos Romanísticos da Cultura Xurídica Occidental | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
España na Configuración Histórico-Xurídica de Europa | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Principios Económico-Contables da Empresa | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Teoría do Dereito | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Comunicación Oral e Escrita | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Dereito da Persoa | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Principios de Economía e Facenda Pública | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Organización Constitucional do Estado | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dereito Penal. Parte Xeral | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Dereito da Empresa | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Dereito Eclesiástico do Estado | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Dereito de Familia | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Constitución e Poder Xudicial | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Institucións e Ordenamento Xurídico-Administrativo | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito de Obrigas e Danos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Actuación e Bens das Administracións Públicas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Dereito Financeiro | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dereito Internacional Público | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dereito Sancionador | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Dereito da Unión Europea | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito Mercantil: Dereito de Sociedades e de Títulos-Valores | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito do Traballo | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito da Contratación | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito Penal. Parte Especial | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Filosofía do Dereito | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dereitos Reais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dereito Procesual Penal | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dereito Tributario | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dereito Público Autonómico | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Dereito Internacional Privado | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito Procesual Civil | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito de Sucesións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Dereito Mercantil: Contratos Empresariais. Dereito Concursal e Dereito Marítimo | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Criminoloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Idioma Moderno | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Dereito de Estranxeiría | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Dereito da Seguridade Social | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Dereito Penitenciario | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Dereito e Biomedicina | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Teoría e Práctica da Argumentación Xurídica | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Técnica Xurisprudencial Romana | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Dereito Matrimonial Comparado | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Aproximación Cinematográfica ao Dereito | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Dereito da Propiedade Inmobiliaria | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Dereito Internacional dos Espazos | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Prácticas Externas | Optativo | 2º | 6 ECTS |
A posta en marcha e o plan de estudos do Grao en Dereito obtivo o informe favorable de toda unha serie de axentes externos.
Concretamente, da Fiscalía de Galicia, do Decanato de Rexistradores de Galicia, da Academia Galega de Administración Pública, do Colexio Notarial de Galicia e do Colexio de Procuradores de Galicia .
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Letras e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
En canto aos programas de mobilidade en particular a Facultade favorece a mobilidade internacional dos seus estudantes en universidades dos cinco continentes, singularmente nas principais universidades de Europa e en Estados Unidos.
A Facultade participa nos seguintes programas nacionais e internacionais de mobilidade: .
a) Programa Erasmus: Os estudantes da Facultade de Dereito teñen a posibilidade de ampliaren os seus estudos en universidades de Alemaña, Bélxica, Italia, Portugal, Francia, Romanía, Eslovenia, Lituania, Malta, República Checa, Polonia e Turquía. Tamén se reciben estudantes destas procedencias cada curso.b) Programa SICUE-SÉNECA é un sistema de mobilidade de alumnos que desexen realizar un curso académico noutra universidade española. Inclúe o programa de intercambio SICUE e a convocatoria de bolsas SÉNECA.
c) Así mesmo, a Universidade da Coruña dispón dun programa de intercambio de estudantes no marco de convenios bilaterais con outras universidades estranxeiras, como Brasil, Chile, Costa Rica, Cuba, Uruguai, México ou Arxentina, pero tamén outros como EE.UU. e Reino Unido.