Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Principios de Microeconomía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Historia Económica | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Socioloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Análise das Operacións Financeiras | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Matemáticas I | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Principios de Macroeconomía | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Estatística I | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Dereito da Empresa | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Economía da Empresa: Dirección e Organización | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Matemáticas II | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Economía Mundial | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Microeconomía e Mercados | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Política Económica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Estatística II | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Historia Económica de España | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Economía Española | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Macroeconomía | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Políticas Económicas Sectoriais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Contabilidade | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Principios de Facenda Pública | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Econometría I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Teoría Microeconómica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Política Monetaria e Sistema Financeiro | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Integración Económica e Economía Europea | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Facenda Pública | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Econometría II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Macroeconomía. Crecemento e Dinámica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Teoría Económica Internacional | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Economía Rexional: Economía de Galicia | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Prácticas en Empresas | Optativo | anual | 18 ECTS | |
| Facenda Pública Española. Sistema Fiscal | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Análise Económica das Organizacións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Organización Industrial Europea | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Finanzas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Marketing | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Finanzas Internacionais | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
| Mercados e Intermediarios Financeiros | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
| Investigación de Mercados | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
| Fiscalidade das Operacións Financeiras | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Letras, Matemáticas e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.