O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, política económica, historia económica, economía industrial, mercados, Facenda Pública, espazos económicos etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía etc.) e formación empresarial (economía da empresa). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.
Tamén existe para esta titulación a posibilidade de cursar polo menos o 50% dos créditos en inglés. A información sobre a docencia no grupo plurilingüe pode atoparse na seguinte ligazón:
Organización da opción plurilingüe
Os graduados en Economía deberán posuír un fondo coñecemento do pensamento económico e manexar os conceptos e técnicas empregados na análise económica das sociedades, territorios e organizacións, na estrutura económica e na formulación e implantación das políticas económicas. Así mesmo, deberán entender as relacións que existen entre os axentes económicos (empresas, institucións, familias etc.), os espazos económicos, os fluxos reais e financeiros que se establecen a nivel mundial. Así mesmo, están capacitados para definiren políticas económicas e decisións empresariais dende nivel directivo.
Os graduados en Economía deberán desenvolver a súa profesión nun contexto económico e empresarial caracterizado pola súa crecente complexidade e dinamismo. Os procesos de globalización económica, coas súas repercusións no ámbito da apertura e internacionalización das economías determinarán o contorno de traballo destes titulados.
Os graduados en Economía teñen preferencia para acceder aos mestrados universitarios que se imparten na Facultade de Economía e Empresa da UDC. Posteriormente, poderán acceder ao programa de doutoramento impartido neste centro.
Estes titulados están preparados para acceder a postos de traballo de responsabilidade media ou alta en calquera institución pública ou empresa privada. A súa formación polivalente permítelles a súa inserción nos niveis directivos das administracións públicas, de empresas privadas ou de entidades sen ánimo de lucro.
Os titulados poderán desenvolver a súa actividade profesional, a modo de exemplo, nos seguintes ámbitos e orientacións:
A Facultade de Economía e Empresa ten convenios asinados con empresas de diferentes sectores de actividade para a realización de prácticas con recoñecemento académico.
O centro ofrece información detallada sobre esta cuestión en:
Prácticas académicas externas
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Principios de Microeconomía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Historia Económica | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Socioloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Análise das Operacións Financeiras | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Matemáticas I | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Principios de Macroeconomía | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Estatística I | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Dereito da Empresa | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Economía da Empresa: Dirección e Organización | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Matemáticas II | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Economía Mundial | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Microeconomía e Mercados | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Política Económica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Estatística II | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Historia Económica de España | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Economía Española | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Macroeconomía | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Políticas Económicas Sectoriais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Contabilidade | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Principios de Facenda Pública | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Econometría I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Teoría Microeconómica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Política Monetaria e Sistema Financeiro | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Integración Económica e Economía Europea | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Facenda Pública | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Econometría II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Macroeconomía. Crecemento e Dinámica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Teoría Económica Internacional | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Economía Rexional: Economía de Galicia | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas en Empresas | Optativo | anual | 18 ECTS | |
Facenda Pública Española. Sistema Fiscal | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Análise Económica das Organizacións | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Organización Industrial Europea | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Finanzas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Marketing | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Finanzas Internacionais | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Mercados e Intermediarios Financeiros | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Investigación de Mercados | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Fiscalidade das Operacións Financeiras | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Traballo Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dereito Privado, Dereito Público, Economía, Empresa, Letras, Matemáticas e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
Existen convenios con universidades europeas (Erasmus), iberoamericanas (bilaterais) e españolas (Sicue) para cursar materias da titulación con recoñecemento académico.
A facultade ofrece o detalle sobre estas accións de mobilidade en:
Mobilidade e Intercambio Internacional Mobilidade e Intercambio Nacional