Pódense atopar estes titulados en diferentes sectores e en multitude de postos. Algúns dos posibles postos de traballo onde tipicamente se atopan profesionais da bioloxía son:
• Industria farmacéutica e agroalimentaria.
• Industria da perfumaría, cosmética e produtos de hixiene persoal.• Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.)
• Biotecnoloxía.• Acuicultura.
• Matadoiros.• Parques zoolóxicos.
• Xardíns botánicos.• Medio ambiente.
• Clínicas, hospitais e laboratorios• Policia científica
• Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos.• Investigación.
• Ensino da bioloxía e das ciencias en xeral.• Administración, en postos da súa competencia profesional e nivel académico.
• Asesoramento científico-técnico.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Química | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Matemáticas | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Xeoloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Citoloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Introdución á Botánica: Botánica Xeral | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Física | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Estatística | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Xeografía Física | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Histoloxía | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Bioquímica I | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Bioquímica II | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Microbioloxía | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Botánica Sistemática: Criptogamia | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Vexetal I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Zooloxía I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Organografía Microscópica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Microbioloxía Aplicada e Control Microbiolóxico | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xenética | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Vexetal II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Zooloxía II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Técnicas en Microbioloxía | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Xenética Molecular | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Vexetal Aplicada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Animal I | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ecoloxía I: Individuos e Ecosistemas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Bioquímica e Bioloxía Molecular | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Xenética de Poboacións e Evolución | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Botánica Sistemática: Fanerogamia | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Fisioloxía Animal II | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Ecoloxía II: Poboacións e Comunidades | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Fundamentos Bioquímicos de Biotecnoloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Citoxenética | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Biodiversidade Animal e Medio Ambiente | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Etoloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Ecoloxía Humana | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Ecotoxicoloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Paleobioloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Análise de Datos en Bioloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Prácticas Externas I | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Bioloxía do Desenvolvemento | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Microbioloxía e Biotecnoloxía Ambiental | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Xeografía Botánica: Xeobotánica | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Resposta das Plantas en Condicións Adversas | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Sostibilidade e Conservación da Fauna | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Adaptacións Funcionais da Fauna ao Medio | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Edafoloxía | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Traballo de Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Prácticas Externas II | Optativo | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Saúde, Educación Física e Deportiva, Física e Ciencias da Terra, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Matemáticas, Química e Socioloxía e Ciencias da Comunicación.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.