Grao en Química

2023/2024 · 240 créditos

Que se aprende

Neste grao os estudantes acadarán unha base sólida e equilibrada de coñecementos químicos teórico-prácticos, que inclúen a investigación das estruturas e os mecanismos das transformacións químicas e a síntese de novas especies ou substancias.

Aprenderán a resolver problemas químicos de forma efectiva cun pensamento construtivo e traballando en colaboración. Así mesmo, desenvolverán as habilidades e destrezas necesarias para aplicaren os coñecementos adquiridos á resolución de traballos científico-técnicos e exerceren unha opinión crítica científica tanto nas linguas oficiais da nosa comunidade como en inglés.

Finalmente, saberán valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Por todo isto, os alumnos que cursaren este grao estarán capacitados para integrarse no mercado laboral en calquera dos ámbitos relacionados co título.

Saídas profesionais e académicas

Os nosos titulados poden atoparse en multitude de postos en calquera sector. O Grao en Química é unha das titulacións que teñen arestora un potencial de inserción laboral alto. Algúns dos postos de traballo onde se atopan químicos tipicamente son estes:

  • Industrias farmacéutica, alimentaria, electrónica, dos plásticos, das fibras sintéticas, do caucho etc.
  • Industria da perfumería, cosmética e produtos de hixiene persoal e para limpeza.
  • Explotación industrial racional e sustentable dos recursos naturais (petroquímicas, siderúrxicas, metalúrxicas, madereiras, papeleiras, cementeiras, cerámicas, vidreiras etc.).
  • Produtos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas etc.).
  • Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.).
  • Produtos radioquímicos.
  • Investigación.
  • Ensino da química e das ciencias en xeral.
  • Análises químicas e clínicas
  • Policía científica e química forense.
  • Química biolóxica, xenómica e proteómica.
  • Control de calidade, auditoría e acreditación.
  • Control, xestión, avaliación e auditoría ambiental.
  • Proxección, instalación, dirección, xestión e control de laboratorios e plantas.
  • Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos. Potabilización da auga.
  • Transporte de mercadorías perigosas.
  • Prevención de riscos laborais e hixiene industrial

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Matemáticas 1 Formación básica 6 ECTS
Física 1 Formación básica 6 ECTS
Bioloxía Formación básica 6 ECTS
Química Xeral 1 Formación básica 6 ECTS
Laboratorio de Química 1 Formación básica 6 ECTS
Matemáticas 2 Formación básica 6 ECTS
Física 2 Formación básica 6 ECTS
Xeoloxía Formación básica 6 ECTS
Química Xeral 2 Formación básica 6 ECTS
Química Xeral 3 Formación básica 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Química Analítica 1 Obrigatorio 6 ECTS
Química Física 1 Obrigatorio 6 ECTS
Química Inorgánica 1 Obrigatorio 6 ECTS
Química Orgánica 1 Obrigatorio 6 ECTS
Química, Información e Sociedade Obrigatorio 6 ECTS
Química Analítica 2 Obrigatorio 6 ECTS
Química Física 2 Obrigatorio 6 ECTS
Química Inorgánica 2 Obrigatorio 6 ECTS
Química Orgánica 2 Obrigatorio 6 ECTS
Laboratorio de Química 2 Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Química Analítica Instrumental 1 Obrigatorio 6 ECTS
Química Física 3 Obrigatorio 6 ECTS
Química Inorgánica 3 Obrigatorio 6 ECTS
Ampliación de Química Orgánica Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñaría Química Obrigatorio 6 ECTS
Química Analítica Instrumental 2 Obrigatorio 6 ECTS
Experimentación en Química Física Obrigatorio 6 ECTS
Química Inorgánica 4 Obrigatorio 6 ECTS
Experimentación en Química Orgánica Obrigatorio 6 ECTS
Bioquímica e Química Biolóxica Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Química Analítica Avanzada e Quimiometría Obrigatorio 6 ECTS
Química Física Avanzada Obrigatorio 6 ECTS
Química Inorgánica Avanzada Obrigatorio 6 ECTS
Química Orgánica Avanzada Obrigatorio 6 ECTS
Ciencia de Materiais Obrigatorio 6 ECTS
Deseño, Redacción e Xestión de Proxectos en Química Obrigatorio 6 ECTS
Medio Ambiente e Calidade Optativo 4,5 ECTS
Laboautomatización Optativo 4,5 ECTS
Química Industrial Optativo 4,5 ECTS
Química Médica Optativo 4,5 ECTS
Tecnoloxía Química Optativo 4,5 ECTS
Traballo de Fin de Grao Obrigatorio 15 ECTS
Prácticas Externas 1 Optativo 4,5 ECTS
Prácticas Externas 2 Optativo 4,5 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Enxeñaría Civil, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas, Psicoloxía e Química.

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.