Grao en Química

2025/2026 · 240 créditos

Que se aprende

O estudantado adquirirá unha base sólida e equilibrada de coñecementos químicos teórico-prácticos, incluíndo a investigación de estruturas e mecanismos das transformacións químicas e a síntese de novas especies ou substancias. Aprenderá a resolver problemas químicos de forma efectiva desenvolvendo un pensamento construtivo e traballando en colaboración. Así mesmo, desenvolverá as habilidades e destrezas necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de traballos científico-técnicos e exercer unha opinión crítica científica tanto nas linguas oficiais da nosa comunidade como en inglés.

As persoas que cursen este grao estarán capacitadas para integrarse no mercado laboral en calquera dos ámbitos relacionados co título. Ademais, saberán valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Competencias completas do estudo

Competencias específicas

Saídas profesionais e académicas

As persoas graduadas en Química poden desenvolve-la súa actividade profesional en sectores moi diversos, entre os que destacan:

  • Industrias farmacéutica, alimentaria, electrónica, dos plásticos, das fibras sintéticas, do caucho etc.
  • Industria da perfumería, cosmética e productos de hixiene persoal e para limpeza.
  • Explotación industrial racional e sustentable dos recursos naturais (petroquímicas, siderúrxicas, metalúrxicas, madereras, papeleiras, cemiterios, cerámicas, vidrieras etc.).
  • Productos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas etc.).
  • Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.).
  • Productos radioquímicos.
  • Investigación.
  • Análise químicas e clínicos.
  • Policía científica e química forense.
  • Química biolóxica, xenómica e proteómica.
  • Control de calidade, auditoría e acreditación.
  • Control, xestión, avaliación e auditoría ambiental.
  • Proxección, instalación, dirección, xestión e control de laboratorios e plantas.
  • Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos. Potabilización da auga.
  • Transporte de mercadorías perigosas.
  • Prevención de riscos laborais e hixiene industrial.
  • Ensino da química e das ciencias en xeral.

Contorno profesional no que se sitúa

A combinación dunha formación científica sólida, competencias experimentais, capacidade analítica e habilidades transversais fai que as persoas tituladas no Grao en Química da UDC estean preparadas para adaptarse con éxito a contornas profesionais moi diversas:

  • Contornas industriais e productivas, onde se aplican coñecementos de química na fabricación, control de calidade, dirección e optimización de procesos, seguridade e sustenbilidade.
  • Laboratorios de análise, control e investigación, públicos e privados, que requiren competencias en técnicas instrumentais, tratamento de datos, traballo experimental e cumprimento de normativas de calidade.
  • Ámbitos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), tanto en universidades e centros tecnolóxicos como en empresas, contribuíndo ao avance científico e á xeración de novos produtos, materiais e tecnoloxías.
  • Sectores vinculados ao medio ambiente, a saúde, a enerxía e os materiais, onde a Química desempeña un papel clave na transición sustentable, a protección ambiental e a mellora da calidade de vida.
  • Contornas regulatorias, técnicas e de asesoramento científico, que demandan profesionais con capacidade para interpretar normativa, elaborar informes técnicos e comunicar resultados con rigor.
  • Ámbito académico e educativo, tanto en docencia como en formación científica e técnica.

Saídas profesionais e académicas

As persoas graduadas en Química poden desenvolve-la súa actividade profesional en sectores moi diversos, entre os que destacan:

  • Industrias farmacéutica, alimentaria, electrónica, dos plásticos, das fibras sintéticas, do caucho etc.
  • Industria da perfumería, cosmética e productos de hixiene persoal e para limpeza.
  • Explotación industrial racional e sustentable dos recursos naturais (petroquímicas, siderúrxicas, metalúrxicas, madereras, papeleiras, cemiterios, cerámicas, vidrieras etc.).
  • Productos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas etc.).
  • Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.).
  • Productos radioquímicos.
  • Investigación.
  • Análise químicas e clínicos.
  • Policía científica e química forense.
  • Química biolóxica, xenómica e proteómica.
  • Control de calidade, auditoría e acreditación.
  • Control, xestión, avaliación e auditoría ambiental.
  • Proxección, instalación, dirección, xestión e control de laboratorios e plantas.
  • Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos. Potabilización da auga.
  • Transporte de mercadorías perigosas.
  • Prevención de riscos laborais e hixiene industrial.
  • Ensino da química e das ciencias en xeral.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Formación Básica Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Formación Básica Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS

Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Traballo Fin de Grao Segundo Cuadrimestre 15,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.