Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable

2024/2025

Que se aprende

Competencias xenéricas

Na realización deste programa de doutoramento o alumno adquiere unhas competencias xeneraies que lle permiten entender os problemas da sociedade en relación coa actividade e a educación físicas, o ejercizo e o deporte e abordalos dende unha perspectiva baseada no método científico, así como desenvolver habilidades de relación con outros científicos e comunicación da Ciencia á sociedade.

Pueden consultarse las competencias generales en la memoria verificada 2015.

Competencias específicas

Na realización deste programa de doutoramento desenvólvense competencias e capacidades específicas relacionadas coa comprensión e a investigación de cuestions relacionadas coa actividade e a educación físicas, o exercizo e o deporte, abordadas desde diferentes perspectivas e paradigmas biolóxicos o psicosociais. Cada estudante alcanzará coñecementos, habilidades e destrezas específicas para a xeración de coñecementos científicos que permitan entender e tratar de resolver problemas concretos de investigación

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As dúas saídas profesionais principáis tras a culminación dos estudos de doutoramento neste programa son:

  • investigador/a no sector público ou privado e
  • profesor/a universitario/a (o título de doutoramento é un requisito para obter a acreditación da ANECA).

Ademáis, dispoñer do título de doutor/a e dos coñecementos habilidades e destrezas que se adquiren no programa, supoñen un mérito computable e valor añadido para o desempeño doutras tarefas profesionais:

  • docencia en Educación Secundaria;
  • preparación física, adestramento e análise do rendemento en deportes de equipo e individuáis;
  • preparación física o adestramento para a protección e a promoción da salúde;
  • preparación física o adestramento para a protección e a promoción da saúde;
  • preparación física o adestramento adaptado en persoas con patoloxías;
  • promoción da actividade física e deportivas en diferentes grupos poblacionáis, y
  • xestión deportiva.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Actividade física, entorno urbano e saude
  • Adaptacións neuromusculares e cardiovasculares no entrenamento de forza
  • Anáise do rendimento en deportes artísticos
  • Anáise do rendimento en deportes artísticos e expresivos
  • Análise do pensamiento e comportamiento do profesor/entrenador e do alumno/deportista
  • Análise do rendimento en deportes colectivos
  • Biomecánica do movemento humano
  • Comportamento motor
  • Composición corporal e gasto enerxético
  • Control motor na actividade física, saude e dpoerte
  • Emoción na práctica de Deportes na natureza
  • Entrenamento neuromuscular en xóvenes, e en deportes de equipo
  • Epidemioloxía da actividade física e a condición física saudable
  • Innovacións na evaluación de contextos naturais aplicados o deporte
  • Medo e patrón motor
  • Parámetros de rendimento no entrenamento de resistencia, e aplicacións o exercicio físico saudable
  • Psicoloxía aplicada o Deporte e o Exercicio Físico
  • Rehabilitación na enfermidade do Parkison
  • Sistema de neuronas espexo
  • Socorrismo e rescate acuatíco
  • Xénero, deporte, actividade física saudable e calidade de vida

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.