Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

2024/2025

Que se aprende

Este doutoramento ten como obxectivo principal, a adquisición por parte dos estudantes das capacidades necesarias como para poder afrontar a realización dunha tese de doutoramento. Ademais de estas capacidades, se ten como obxectivo dar unha visión máis exacta de cal é a situación actual na área de investigación, así de como se realizan os ditos traballos. A futura tese de doutoramento estaría enfocada nalgunha das áreas, nas que os diferentes grupos de investigación do Departamento traballa e que son as contidas neste apartado de liñas de investigación. O estudante pode combinar dúas ou máis destas áreas nesa futura tese.

Competencias xenéricas

Competencias básicas:

(CB1). Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito campo.

(CB2). Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso sustancial de investigación ou creación.

(CB3). Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

(CB4). Capacidade de realizar un análisis crítico e de evaluación e síntesis de ideas novas e complexas.

(CB5). Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na sua comunidade científica internacional.

(CB6). Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionáis, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Competencias xeráis

(CG1). Capacidade de establecer comunicación e colaboracións con grupos de investigación e empresas que desenvolvan I+D+i.

Competencias específicas

Competencias específicas

(CE1). Propoñer conceptos e solucións innovadoras no ámbito de las Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, sabelos avaliar e contrastalos fronte a problemas reais.

(CE2). Identificar áreas prometedoras de investigación no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Competencias transversais

(CT1). Xerar solucións creativas para a resolución de problemas en investigación.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O obxectivo deste programa de doutoramento é formar a profesionais no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións con dous finalidades: a) para desenvolver actividades académicas docentes e investigadoras en centros de educación superior e/ou b) alimentar equipos de i+D+i na empresa privada. Como xa se comentou, as TIC son un dos motores fundamentais para a innovación da pequena e mediana empresa, para mellorar a súa competitividade tanto a nivel nacional como internacional.

Empresas e institucións colaboradoras

  • Artesis University College. (Bélgica)
  • BigSkyEarth Training School, German Aerospace Center (DLR) (Alemania)
  • BigSkyEarth Training School, University of Central Lancashire (Reino Unido)
  • CIAFEL. Centro de Investigação em Atividade Física, Saúde e Lazer (Portugal)
  • CRS4. Center for Advanced Studies, Research and Develpment in Sardinia (Cerdeña)
  • Centre National d’Études Spatiales (Francia)
  • Centro de Investigación en Química Aplicada (México)
  • Digital Design Studio - The Glasgow School of Art (Reino Unido)
  • Florida International University (EE.UU.)
  • Heidelberg, Max Planck I.A. (Alemania)
  • InfoMed Fluids SRL (Rumanía)
  • Institut d’Astrophysique de Paris, Université Pierre & Marie Curie (Francia)
  • Institut d’Astrophysique et de Géophysique, Université de Liège (Bélgica)
  • Institute of Astronomy, University of Cambridge (Reino Unido)
  • Instituut voor Sterrenkunde (Bélgica)
  • JAMK University of Applied Sciences (Finlandia)
  • KMI. Knowledge Media Institute - The Open University (Reino Unido)
  • Laboratório de Reabilitação Psicossocial da Universidade do Porto e do Instituto Politécnico do Porto (Portugal)
  • Maastricht University (Holanda)
  • National Research Council of Italy (Italia)
  • Observatorio Astronómico de Pádova (Italia)
  • Technical University of Denmark (Dinamarca)
  • Tumblr, New York City (EE.UU.)
  • Universidad Técnica de Machala (Ecuador)
  • Universidad de Guadalajara (México)
  • Universidad de Niza (Francia)
  • University of Aveiro (Portugal)
  • University of Bath (Reino Unido)
  • University of Bristol (Reino Unido)
  • University of Coimbra (Portugal)
  • University of Glasgow (Reino Unido)
  • University of Melbourne (Australia)
  • University of Porto (Portugal)
  • University of Stanford (EE.UU.)
  • Yahoo Labs London (Reino Unido)

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Astrofísica computacional
  • Avaliación no proceso de software
  • Computación Evolutiva
  • Conceptualización e computación en química
  • Creatividad Computacional
  • Filtrado Colaborativo
  • Holóns e informóns
  • Informática biomédica
  • Integración de datos
  • Metodoloxías e métricas no proceso software
  • Recuperación de información
  • Seguimento e análise de imaxes no medio mariño para diversos estudos
  • Sistemas biomédicos e bioinformática
  • Sistemas Conexionistas
  • Sistemas de seguridade da información
  • Xestión do coñecemento

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Xornada de Presentación

O obxetivo será presentar aos estudantes os equipos de investigación que conforman o programa de doutoramento para que o alumno coñeza os diferentes ámbitos de investigación do programa

Ademáis, presentarase aos estudantes o proceso de realización dunha tese de doutoramento, e a relación do estudante co director.

Complementarase a xornada coas experiencias doutros estudantes de doutoramento, especialmente de último ano, para poder resaltar aspectos importantes e experiencias importantes.

Introducción á investigación

O obxectivo principal desta actividade é que os estudantes entendan en qué consiste un proxecto de investigación e sexan capaces de publicar os resultados dos seus traballos de investigación.

Investigación en TIC

O obxectivo desta actividade é dobre. Por unha banda, os estudantes de doutoramento deberán presentar os seus traballos de investigación diante do resto de estudantes de doutoramento e membros dos grupos de investigación, o que lles permite avaliar o seu traballo e a súa capacidade de exposición. Por outra banda, tamén facilita que os estudantes coñezan de primeira man os traballos de investigación dos seus compañeiros, o que lles permite buscar puntos de intersección e propoñer melloras ou novas ideas.

Movilidade

Ao longo de todo o doutoramento fomentarase a movilidade do estudante para realizar estancias de investigación con outros grupos de investigación nacionais e internacionais.

Para os estudantes de primeiro ano, facilitarase o establecemento de contactos con outros grupos de investigación que traballen en temas afíns. Esto terá lugar, sempre que sexa posible, mediante a asistencia a congresos, ou se non mediante contactos telemáticos.

Para o resto de estudantes, fomentarase a realización de estancias de investigación con grupos de investigación e se lles apoiará na solicitude de axudas para tal efecto.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.