Programa Oficial de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións en Redes Móbiles

2024/2025

Que se aprende

O Programa Interuniversitario de Doutoramento TICRM ten como obxectivo a formación avanzada no campo das comunicacións móbiles de novos investigadores para que poidan afrontar con éxito o reto que supón a xeración do coñecemento e a súa transferencia á sociedade e ao tecido produtivo. Esta formación inclúe o estudo das redes móbiles desde o punto de vista de sistemas de telecomunicación, tecnoloxías radio, tratamiento dixital do sinal e telemática. As liñass de investigación cubren aspectos de redes móbiles da terceira e cuarta xeración, así como redes de área local vía radio, WLAN, redes de área persoal, WPAN y WBAN, ademais dos sistemas de comunicacións terrestres. LÍÑAS DE INVESTIGACIÓN DA UDC E PROFESORADO: Tratamiento dixital do sinal Profesorado do equipo: • CASTEDO RIBAS, LUIS Universidade da Coruña • CASTRO CASTRO, PAULA MARIA Universidade da Coruña • CLAUDIO BREGAINS, JULIO Universidade da Coruña • DAPENA JANEIRO, ADRIANA Universidade da Coruña • ESCUDERO CASCON, CARLOS Universidade da Coruña • GARCIA NAYA, JOSE ANTONIO Universidade da Coruña • GONZALEZ LOPEZ, MIGUEL Universidade da Coruña • IBAÑEZ DIAZ, JESUS MARIA Universidad de Cantabria • PEREZ ARRIAGA, JESUS Universidad de Cantabria • SANTAMARIA CABALLERO, IGNACIO Universidad de Cantabria • VAZQUEZ ARAUJO, FRANCISCO J. Universidade da Coruña • VIA RODRIGUEZ, JAVIER Universidad de Cantabria • VIELVA MARTÍNEZ, LUIS ANTONIO Universidad de Cantabria

Competencias xenéricas

Competencias básicas e xerais: - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación nese campo. - Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso sustancial de investigación ou creación. - Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal. - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas. - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional. - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento. Capacidades e Destrezas Persoais: - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica. - Encontrar as preguntas claves que hai que respostar para resolver un problema complexo. - Deseñar, crear, desenrolar e emprender proxectos novedosos e innovadores no seu eido de coñecemento. - Traballar tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar. - Integrar coñecementos, enfrentarse á complexidade e formular xuízos coa información limitada. - A crítica e defensa intelectual de solucións.

Competencias específicas

O programa non establece competencias adicionais.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As persoas doutoras formadas neste programa adquiren coñecementos e habilidades para desenvolver proxectos nas seguintes liñas de I+D+i: - Sistemas telemáticos en comunicacións móbiles e inarámicas, aspectos de seguridade, calidade de servizo, deseño de protocolos, técnicas de acceso múltiple, mecanismos de control de erros e planificación de redes. - Sistemas troncais baseados en fibra óptica e tecnoloxías vencelladas aos sistemas de fibra óptica. - Planificación de sistemas vía radio, estudo e caracterización de canles de propagación en diferentes bandas de frecuencias. Aplicación ás comunicacións móbiles e inarámicas e implicacións no deseño de redes móbiles. - Deseño de arquitectura de redes para a provisión de servizos móbiles baseados en tecnoloxías heteroxéneas e converxencia de estándares. - Algoritmos e técnicas avanzadas de procesado de sinal de voz. - Procesado de sinal aplicado ás comunicacións inarámicas e algoritmos para a optimización da capacidade das canles radioeléctricas nas comunicacións móbiles e o dimensionado axeitado dos recursos de rede. - Modelado de dispositivos activos e deseños de circuitos en tecnoloxías híbrida e monolítica. - Deseño de sistemas de telecomunicación. Modelos de canles. - Antenas.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Fotónica
  • Redes e servizos telemáticos
  • Tecnoloxías das Comunicacións
  • Tecnoloxías Inalambricas
  • Tratamento dixital do sinal

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Arquitectura e plataformas móviles 6
Interacción, gráficos e multimedia 6

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

1. Estadía de mobilidade, nalgunha das institucións que colaboran coas universidades do Programa de Doutoramento. Formación específica adicional na liña de investigación da tese. Aprendizaxe das metodoloxías de investigación aplicadas noutros centros, 2. Participación en congresos. Acudir a congresos nacionais / internacionais para presentar algúns resultados dos traballos de investigación que se vaian obtendo durante o desenvolvemento da tese. Durante a preparación das comunicacións e da súa presentación, o doutorando aprenderá as técnicas de escritura e exposición habitualmente empregadas nos congresos relacionados co ámbito da súa investigación, guiado polo seu director de tese. Aprenderá a comunicarse en público e a intercambiar ideas sobre as liñas de investigación da tese, con persoas doutras institucións que traballen na mesma área. Aprenderá a elaborar xuízos críticos durante o desenvolvemento dos resúmenes e xuízos críticos dos traballos da súa área presentados no congreso, 3. Formación transversal. Cursos do Plan de Apoio ao Doutoramento e á Formación do CUFIE da UDC (gratuítos para os alumnos do programa de doutoramento).

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.