Programa Oficial de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica

2024/2025

Que se aprende

Preténdese proporcionar a formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nestes ámbitos e facilitar un marco de interrelación entre os doutorandos e doutorandas vinculados a elas. Aspírase a fomentar un espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o estudo do cerebro desde o punto de vista morfolóxico, estrutural, funcional, computacional e do desenvolvemento, ademais da súa relación recíproca con variables psicosociais. Todo co fin de comprender o comportamento humano e de facilitar estratexias preventivas e terapéuticas para as principais doenzas neurolóxicas e trastornos psiquiátricos.

O programa está configurado por sete grandes liñas de investigación, que se relacionan a continuación. Para cada unha delas pódese acceder a información relativa aos investigadores que forman parte delas e ás subliñas ou tópicos que as concretan, no marco das que se desenvolven os proxectos de tese.

  • Neurobioloxía. Estrutura, evolución, desenvolvemento e rexeneración do sistema nervioso.
  • Farmacoxenómica en neurociencias.
  • Neurofisioloxía.
  • Neurociencia cognitiva.
  • Psicoloxía clínica e da saúde e psiquiatría.
  • Mecanismos de neurodexeneración e neuroprotección dopaminérxica na enfermidade de Parkinson e novas estratexias terapéuticas.
  • Estudos PET e SPECT en neuroloxía. Fusión de imaxes morfolóxicas e funcionais.

Competencias xenéricas

Ao rematar o programa, o/a estudante de doutoramento deberá ter adquiridas as seguintes competencias, que se avaliarán eminentemente no traballo e defensa de tese de doutoramento:

  • Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
  • Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
  • Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  • Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
  • Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Competencias específicas

  • Saber formular problemas relevantes na fronteira do coñecemento do campo de investigación específico da tese de doutoramento.
  • Saber formular hipóteses orixinais que contribúan significativamente ao avance do coñecemento nas áreas da neurobioloxía, neurociencia cognitiva ou psicoloxía clínica.
  • Coñecer e saber seleccionar o deseño, as técnicas de análise de datos e as técnicas experimentais máis axeitadas á investigación en calquera dos ámbitos que converxen neste programa, para desenvolver o traballo de tese co máximo grao de autonomía.
  • Ser quen de encadrar o problema obxecto de estudo no marco xeral da neurociencia e do estudo do comportamento.
  • Ser quen de difundir os resultados da investigación nas publicacións científicas e nos foros nacionais e internacionais máis relevantes no campo da neurociencia e a psicoloxía clínica e a psiquiatría.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

A saída profesional específica dos doutoramentos é a carreira investigadora, en universidades e centros de investigación, que é para o único que é esixido ese título.

Empresas e institucións colaboradoras

University of Maryland, EE.UU. Convenio de colaboración para a investigación nos ámbitos da neurobioloxía e a psiquiatría. Este convenio, vixente desde 2003, ten como obxectivo favorecer e desenvolver o intercambio de persoal docente e investigador entre a Universidade de Santiago de Compostela e a University of Maryland no campo da investigación neurobiolóxica e psiquiátrica. Asinouse a iniciativa do grupo de neurobioloxía que participa neste programa de doutoramento.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Estudos PET e SPECT en Neuroloxía. Fusión de imaxes morfolóxicas e funcionais
  • Farmacoxenómica en Neurociencias
  • Mecanismos de neurodexeneración e neuroprotección dopaminérxica na enfermidade de Parkinson e novas estratexias terapéuticas
  • Neurobioloxía. Estrutura, evolución, desenvolvemento e rexeneración do sistema nervioso
  • Neurociencia Cognitiva
  • Neurofisioloxía
  • Psicoloxía clínica e da saúde e Psiquiatría

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

No marco do RD 99/2011, os programas de doutoramento poden establecer actividades de formacion transversal e específica no seu ámbito. Neste caso establécense as seguintes:

De carácter obrigatorio:

  • Recollida de información e revisión bibliográfica, duración: 50 h, período de realización: no 1.º curso.

    De carácter optativo:

    • Mobilidade (estadía), duración: 160 h (1 mes. Ao longo dos tres cursos.
  • Participación en congresos e xornadas científicas, duración: 20 h, período de realización: ao longo dos tres cursos.
  • Compromiso documental de supervisión

    Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

    O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

    Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

    Plan de investigación

    Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

    Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

    Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.