Programa Oficial de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas

2023/2024

Que se aprende

As tres grandes liñas de investigación na que se enmarcan as teses doutorais son: 1.Análisise Matemático e Resolución Numérica de Ecuacións en Derivadas Parciais (EDP) e de Ecuacións Diferenciais Ordinarias (EDO) 2. Modelado, análise e simulación numérica de problemas en ciencias aplicadas e enxeñaría 3. Modelado, análise e simulación numérica de problemas industriais e empresariais Os grupos de investigación pertencen na súa maioría aos departamento de Matemáticas da UDC, de Matemática Aplicada da USC e de Matemática Aplicada II da UVIGO, que inclúen á lista de profesores do programa de doutorado.

Competencias xenéricas

1.Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio de habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo 2.Capacidad de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación e creación 3. Capacidade de contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal 4. Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas nova e complexa 5. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional 6. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

Competencias específicas

1. Capacidade de modelar procesos industriais no ámbito da Matemática Aplicada 2. Capacidade de analizar matematicamente os modelos no ámbito da Matemática Aplicada, estudando a existencia, unicidade e propiedades da solución 3. Capacidade de resolver numericamente problemas industriais, susceptibles de ser formulados matemática mente, nos ámbitos da enxeñaría, as finanzas, as ciencias da saúde e o medio 4. Capacidade de analizar os resultados obtidos mediante simulación numérica e os métodos numéricos empregados, coas ferramentas proporcionadas pola análise numérica 5. Capacidade de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático 6. Capacidade de adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica 7. Capacidade de interaccionar cos profesionais da industria para construír solucións innovadoras aos problemas formulados e contribuír á transferencia do devandito coñecemento

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Ademais das saídas profesionais relacionadas coa incorporación a equipos docentes e investigadores das universidades españolas e estranxeiras, o desenvolvemento da tese doutoral en problemas de grande actualidade e relevancia en distintos sectores industriais e empresariais habilita a posibilidade de incorporarse a equipos de I+D+i de empresas e centros tecnolóxicos. Este último aspecto vén avalado polo bo número de doutores formados no programa que se incorporaron a empresas, centros tecnolóxicos e de investigación, ademais da universidades.

Empresas e institucións colaboradoras

Empresas con convenio coas universidades participantes: 1.Analistas Financieros internacionales (AFI) 2.Centro Tecnológico AIMEN 3.Aquambiente 4.Fundación Centro de Supercomputación de Galicia 5.Centro Tecnológico de la Pesca 6.Centro de Innovación y Servicios de la Madera 7. Centro de Observación y Teledetección Espacial S.A. 8. Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CETAG) 9. Dayco ENSA, S.L. 10. Endesa Generación S.A. 11. Gallega de Mecanizados Electrónicos 12. GMV 13. Grupo Antolín 14. Iberdrola Energías Renovables de Galicia S.A. 15. Ikerland S. Coop. 16. Indizen Technologies 17. International Project Unit 18. Instituto de Hidráulica Ambiental “IH Cantabria” 19. Instituto de Investigaciones Marinas CSIC 20. Instituto Español de Oceanografía 21. Instituto Tecnológico de Aragón 22. Navantia 23. Next Limits Technologies 24. Técnicas y Servicios de Ingeniería 25. UNVI S.A. 26. Vicus Desarrollos Tecnológicos Colaboradores sin convenio: 1.RUSSULA 2.UMANA Ingeniería Biomecánica

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Análisis Matemático y Resolución Numérica de Ecuaciones en Derivadas Parciales (EDP) y de Ecuaciones Diferenciales Ordinarias (EDO)
  • Modelado, análisis y simulación numérica de problemas en ciencias aplicadas e ingeniería
  • Modelado, análisis y simulación numérica de problemas industriales y empresariales

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

1.Temas Avanzados de Matemática Aplicada: preténdese que o alumno coñeza liñas de investigación relevantes no panorama internacional no ámbito da Matemática Aplicada. Trátase de cursos dinámicos e optativos que varían cada ano. En xeral, recoméndase facelo o primeiro ano. 2. Materias do Máster de Matemática Industrial ou equivalente: a CAPD ou o director da tese pode recomendar o seguimento de materias que o alumno non cursase, por ser adecuados para a realización da tese. Estas materias figurarán no Plan de Investigación do alumno. Son optativos e recoméndase facelos o primeiro ano. 3. Cursos externos ao Programa e recoñecidos pola CAPD: serán publicitados entre os alumnos, detallando a planificación destes e os criterios de seguimento e recoñecemento pola CAPD. Son optativos. 4. Estanzas de investigación: A mobilidade estará supervisada polo director ou titor da tese, definindo os obxectivos da estanza. Ademais do aspecto formativo, fomentarase a realización de tese con Mención Internacional. Teñen carácter optativo. A duración mínima recomendada será de 1 semana e a máxima de 2 anos, sempre que exista financiamento dispoñible.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.