CB11. Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo.
CB12. Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14. Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual no seu CB6.
CB16. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
CA01. Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02. Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03. Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04. Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05. Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06. Efectuar unha crítica e defensa intelectual de solucións
CM1. Capacidade para adquirir coñecementos avanzados nos campos da argumentación e a lóxica, a filosofía da linguaxe , a filosofía da ciencia e da tecnoloxía.
CM2. Capacidade para deseñar un proxecto de investigación co que analizar e avaliar criticamente achegas anteriores e no que poidan aplicar os seus coñecementos e metodoloxía de traballo.
CM3. Capacidade para realizar unha síntese de ideas novas e complexas que produzan un coñecemento máis profundo do contexto investigador no que se traballe.
CM4. Capacidade para elaborar materiais sobre a súa propia investigación e difundir os resultados.
CB11. Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo.
CB12. Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14. Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual no seu CB6.
CB16. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17 Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
Este Programa de Doutoramento está coordinado pola Universidade de Salamanca en colaboración coas seguintes entidades: Instituto de Filosofía do CSIC, Universidade da Coruña, Universidade da Lagoa, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Valencia e Universidade de Valladolid. Conta, ademais, con profesorado doutras moitas universidades españolas: Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Autónoma de Barcelona, UOC, UNED, Universidade de Sevilla e Universidade de Granada. No noso claustro hai tamén profesores de varias universidades do Reino Unido, Italia, Portugal, Dinamarca, Brasil e México. Os nosos alumnos proceden de diversos países de Europa e Iberoamérica. As universidades que impulsan este programa de doutoramento contan con acordos de intercambio coas principais universidades do mundo.
Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.
As sete actividades de formación transversal e específicas deste Programa de Doutoramento de carácter estable e dirixidas ao conxunto de doutorandos, son:
1) Seminarios de investigación.
2) Reuniones de seguemento de proxectos, traballos ou resultados de investigación.
3) Cursos de formación metodolóxicos, especializados ou prácticos.
4) Asistencia a congresos nacionales ou internacionales.
5) Publicacións científicas.
6) Estancias en outros centros de investigación.
7) Actuacións e criterios de movilidade.
Complementos de formación
A Comisión Académica do Programa de Doutoramento decidirá para cada estudante admitido, en función do seu perfil de ingreso e a formación previa adquirida, a necesidade ou non de realizar determinada formación en investigación. En particular, no caso de estudantes que no tiveran cursado nin o “Máster en Lógica y Filosofía de la Ciencia” nin o “Máster en Estudios Sociales de la Ciencia y la Tecnología”, pero que, sen embargo, reuniesen os requisitos de acceso, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento poderá establecer que o aspirante curse ata un máximo de cinco asignaturas (total: 25 Créditos ECTS) de un dos Másteres mencionados. En particular, terán que cursar complementos de formación aqueles estudantes que non tiveran cursado algunha titulación que lles proporcionara coñecementos suficientes na Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia.
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.