Programa Oficial de Doutoramento en Física Aplicada

2024/2025

Que se aprende

Os estudantes poderán optar por tres especialidades:

  • Física aplicada a materiais
  • Física aplicada ao medio ambiente
  • Tecnoloxías Láser Aplicadas

Os alumnos poden integrarse nalgunha destas liñas de investigación:

  • Termofísica de líquidos
  • Ciencia e tecnoloxía de polímeros
  • Física aplicada ao medio ambiente
  • Tecnoloxías láser aplicadas
  • Física computacional

Competencias xenéricas

Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo.

Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Desenvolver un traballo e análise científica ética e responsable.

Adquirir rigor para o desenvolvemento de pensamento científico- técnico.

Utilizar con propiedade e precisión os termos e conceptos propios da física aplicada.

Coñecer e analizar as características da física de materiais, dos láseres e física ambiental.

Coñecer a metodoloxía de investigación nos distintos ámbitos da física aplicada.

Respectar os dereitos fundamentais de igualdade de oportunidades, así como a accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Competencias específicas

Coñecer os principios básicos do método científico e a súa aplicación na resolución de aplicacions relacionadas coa Física Aplicada.

Adquirir unha perspetiva sobre ol rol que a física xoga no desenvolvemento de aplicacións industriais e tecnolóxicas.

Coñecer e comprender os fundamentos da descrición microscópica dos distintos estados da materia a nivel clásico e cuántico.

Coñecer os principios básicos comúns aplicables á modelaxe de sistemas complexos.

Comprender os principios xerais aplicables a determinación experimental dunha magnitude física nun laboratorio.

Coñecer as variables e magnitudes involucradas no proceso de caracterización de materiais.

Coñecer os principios físicos que rexen o comportamento de fluídos moleculares Comprender a importancia dos polímeros na industria, os seus distintos tipos e principais aplicacións.

Coñecer as relacións entre física aplicada e descrición de procesos ambientais.

Coñecer os fundamentos físicos e principais aplicacións dos láseres.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O mercado laboral do doutoramento en Física Aplicada esténdese desde os postos docentes e investigadores nas áreas relacionadas co programa ata a incorporación en empresas e organismos relacionados co medio, saúde, novos materiais, fotónica etc.

Empresas e institucións colaboradoras

O doutoramento mantén numerosas colaboracións tanto a nivel local, nacional e internacional que se materializa no intercambio de profesorado e alumnos mediante programas de mobilidade. Tamén mantén colaboracións con entidades públicas e privadas e con numerosas empresas.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Análisis termodinámico de mezclas poliméricas
  • Aplicaciones industriales de los láseres
  • Astrobiología
  • Caracterización Termofísica de líquidos iónicos a alta temperatura
  • Corrientes Persistentes en superconductores de alta temperatura crítica.
  • Fenómenos Críticos en líquidos y mezclas líquidas.
  • Física Aplicada al Medio Ambiente
  • Física de la atmósfera
  • Fotónica
  • Medida de propiedades físicas de líquidos iónicos puros y mezclados con disolventes orgánicos, sales inorgánicas y polímeros.
  • Medida de propiedades físicas de mezclas de líquidos moleculares
  • Metrología Óptica
  • Modelización Hidrodinámica
  • Nanofluidos
  • Nanopartículas
  • Nuevos Materiales
  • Oceanografía Física
  • Oceanografía Operacional
  • Procesado de materiales poliméricos
  • Propiedades Dieléctricas
  • Propiedades mecánicas de materiales poliméricos
  • Química analítica del plástico
  • Refrigerantes
  • Reología y análisis térmico de los biopolímeros
  • Simulación Molecular en líquidos y mezclas líquidas
  • Tecnología de elastómeros

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

O PD de Física Aplicada non contempla actividades formativas xenéricas para os doutorandos senón que cada titor/director do traballo de tese doutoral será o que se encargue de propoñer as actividades formativas específicas asociadas á liña de investigación en que está a desenvolver o seu traballo o doutorando.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.