Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

2023/2024

Que se aprende

Que hai que saber para comezar unha tese? Hai que ter unha base de coñecementos sobre a linguaxe e as linguas equivalente a un nivel de mestrado ou a un diploma de estudos avanzados (DEUSA). No caso de que estes coñecementos non puideren ser acreditados totalmente, a admisión poderá estar condicionada á realización de determinados complementos de formación. O proxecto Unha vez completado o proceso de admisión, o primeiro cuadrimestre centrarase na elaboración dun proxecto de tese. Para iso revisarás o que se publicou sobre o tema que elixiches (isto chámase “o estado da cuestión”), co fin de estabeleceres o teu punto de partida. Igualmente, deseñarás unha metodoloxía e terás unha idea de cales van ser as túas fontes bibliográficas máis importantes, ben como a mostra de datos (“o corpus”), no caso de o haber. Este proxecto terá que ser presentado e defendido perante unha comisión avaliadora. Dirección e titorización A tese é un reto persoal e mostra a capacidade de quen a fai para interpretar datos e elaborar posíbeis explicacións aos fenómenos estudados. No entanto, alguén, que xa obtivo o seu doutoramento, dirixirate na tarefa. Alén diso, outra persoa (un profesor ou profesora do programa de doutoramento) asesorarache para tomares as decisións adecuadas e para completares a túa formación en consonancia coas liñas do programa e os obxectivos particulares da investigación). A estas dúas persoas unirase unha terceira para constituír un comité titor que se responsabilizará, durante o tempo que durar a realización da tese, de supervisar periodicamente as tarefas de investigación. Unha estadía no estranxeiro Unha boa forma de dar un impulso á investigación é pasar unha tempada nunha universidade ou centro de investigación do estranxeiro, no medio dun equipo de investigación que permita completar ou ampliar a perspectiva sobre o tema de tese e que proporcione técnicas de análise con que non se tivera a ocasión de traballar. O Programa de Doutoramento de Estudos Lingüísticos conta con interesantes colaboracións no exterior das cales poderás beneficiarte. Canto tempo me vai levar? Tres anos con dedicación a tempo completo, ou cinco a tempo parcial. Liñas de investigación Sobre discurso e sociedade • Análise do discurso • Sociolingüística • Bilingüismo e multilingüismo • Pragmática • Tradicións discursivas cotiás Sobre lexicografía e terminografía • Lexicografía/dicionarios • Terminoloxía • Neoloxía • Onomástica e toponimia • Lexicografía histórica • Fraseoloxía e paremioloxía • Historiografía lexicográfica Sobre Lingüística descritiva e tecnoloxías lingüísticas • Semántica • Sintaxe • Morfoloxía • Lexicoloxía • Fonoloxía • Lingüística de corpus • Aprendizaxe de linguas • Modalidades viso-xestuais da linguaxe e linguas de signos • Tecnoloxías da linguaxe • Historiografía lingüística Sobre lingüística histórica • Gramática histórica • Lexicoloxía histórica • Edición textual • Lingua literaria • Dialectoloxía

Competencias xenéricas

(CX1): Ser capaz de utilizar as TIC, entender e avaliar o seu impacto en novos ámbitos para a aprendizaxe cooperativa e autónoma. (CX2): Identificar cuestións culturais e éticas na dirección de proxectos de investigación, de innovación e de desenvolvemento e comprender o seu impacto na estrutura social do ámbito global dos países. (CX3): Capacidade de obter datos pertinentes a partir das fontes documentais ou experimentais e xestionar a información de xeito axeitado.

Competencias específicas

(CE1) Comprender de xeito profundo e pormenorizada o ámbito de investigación da lingüística (CE2): Demostrar a capacidade de concibir, deseñar e planificar un proceso de investigación propio nalgún campo da lingüística, xustificando a súa necesidade no marco da investigación máis avanzada (CE3): Demostrar a comprensión sistemática de teorías, hipótese e argumentacións científicas no campo da lingüística e a capacidade de avaliar a devandita información con espírito crítico no proceso de investigación propio (CE4): Capacidade de analizar datos ou avaliar modelos de interpretación, demostrando autonomía e capacidade de xestión de proxectos lingüísticos (CE5): Capacidade para a comunicación, debate e argumentación da investigación propia nalgún campo da lingüística en contraste con ideas, opinións e formulacións diferentes.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O doutoramento - É o pasaporte para facer unha carreira investigadora, nunha universidade ou nun centro de investigación. - Permite o acceso a postos de docencia e investigación en todas as universidades do mundo. - O traballo que implica facer unha tese mostra unha especial capacidade intelectual e de toma de decisións, cada vez máis necesaria no mundo empresarial Nesta sección descríbense as actividades formativas do programa de doutoramento. Nalgúns casos serán organizados desde este e noutras poderán recoñecerse cursos ou outras accións promovidas por outras universidades ou centros de investigación. Cada alumna ou alumno fará a súa particular selección, con axuda do seu comité titor, en función do seu plan de investigación. O calendario ofrece información sobre as actividades formativas, mais tamén inclúe outros eventos de interese. Seminario introdutorio Unha vez finalizado o proceso de admisión no programa de doutoramento, haberá un seminario de curta duración (sobre unhas 10 horas) en que se presentarán as liñas de investigación do programa e se explicarán cuestións de tipo organizativo. Servirá como unha primeira toma de contacto entre estudantes de novo ingreso e investigadores do programa. Seminarios de formación avanzada Terán unha duración de 20 horas e versarán sobre temas de investigación que se estiveren a desenvolver desde os diferentes grupos de investigación que teñen vinculación co programa. Como norma xeral, cada estudante cursará obrigatoriamente un mínimo de dous seminarios deste tipo durante os dous primeiros anos. Grupos de discusión Son reunións periódicas de estudantes de doutoramento, supervisadas en cada caso por polo menos un docente e con asistencia doutros profesores ou profesoras do programa, para intercambiaren ideas e discutiren problemas, a partir de lecturas previas comúns ou de presentacións realizadas polos mesmos estudantes ou por algún investigador convidado. Como norma xeral, cada estudante participará obrigatoriamente nun mínimo de dous grupos de discusión

Empresas e institucións colaboradoras

.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Análise do discurso e Pragmática
  • Aprendizaxe de linguas.
  • Edición textual e lingua literaria.
  • Gramática e dialectoloxía sincrónicas e históricas.
  • Lexicografía e Lexicoloxía sincrónicas e históricas.
  • Lingüistica de corpus e Tecnoloxías da linguaxe.
  • Modalidades visuoxestuais e linguas de signos.
  • Sociolingüística

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Comunicación Escrita 3
Comunicación Multimodal 3
Comunicación Oral 3
Lingüística Aplicada 6
Lingüística do Corpus 6
Modelos e Métodos na Ligüística Actual 6
Planificación Lingüística 3
Recursos Bibliográficos e Xéneros Científicos 3

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.