Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura

2023/2024

Que se aprende

Cada estudante do programa de doutoramento aprenderá a:

  • Encontrar as preguntas chave que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
  • Investigar en diferentes ámbitos e con ferramentas diversas ata atopar a información existente sobre un problema concreto.
  • Traballar tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar.
  • Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
  • Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
  • Valorar a crítica e defensa intelectual de solucións.

Todo isto o doutorando poderá aplicalo á liña de investigación que elixa de entre as seguintes:

  • Estudos de literatura e cultura inglesas. Investigación en literatura e cultura inglesas, incluídos os estudos literarios, culturais e de tradución literario-cultural.
  • Estudos de corpus, cognición, variación e cambio na lingua inglesa. Inclúense aquí investigacións sobre os distintos niveis da lingua inglesa (fonética e fonoloxía, léxico, morfosintaxe, semántica), así como as perspectivas sincrónica e diacrónica, e aproximacións metodolóxicas afíns á lingüística de corpus e á psicolingüística.
  • Estudos de literatura e cultura norteamericana. Investigación dentro do campo da literatura e cultura norteamericanas, incluíndo estudos literarios e culturais.
  • Lingüística aplicada á tradución e ensino do inglés. Inclúe investigacións da lingüística inglesa aplicada á tradución e ao ensino e á aprendizaxe do inglés.
  • Estudos do discurso en lingua inglesa. Investigacións no ámbito da lingüística textual, a pragmática e o discurso.
  • Literatura e cultura irlandesas. Investigación en literatura, cultura e historia irlandesas, e estudo das relacións socioculturais entre Irlanda e Galicia.
  • Outras literaturas en lingua inglesa. Literaturas escocesa, australiana, africanas e outras poscoloniais.

Competencias xenéricas

Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo. Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Competencias específicas

Capacidade de aplicar con criterio os coñecementos adquiridos a distintos ámbitos profesionais e disciplinares en relación directa coa Lingua, Cultura e Literatura dos países de fala inglesa, dotando o alumno das habilidades e destrezas necesarias para poder realizar tarefas de investigación vinculadas a estes campos. Capacidade para utilizar as ferramentas necesarias para a óptima implementación dos coñecementos adquiridos co fin de alcanzar unha especialización interdisciplinar científica e profesional no ámbito concreto da Lingua, Literatura e Cultura dos países de fala inglesa permitindo ao alumno realizar tamén unha investigación frutífera nestes ámbitos. Capacidade para desenvolver competencias comunicativas con outros membros da comunidade académica, realizar e defender un traballo de investigación crítico, rigoroso, orixinal e académico dentro da comunidade académica propia dos Estudos Ingleses. Capacidade para utilizar as novas tecnoloxías da comunicación e información nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses co fin de dar resposta ás necesidades que se deriven da súa tarefa investigadora.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Este programa está orientado a todas aquelas persoas que queiran obter as competencias e habilidades propias da actividade investigadora no ámbito dos estudos ingleses, tendo como horizonte a súa colaboración e traballo en centros de investigación e nas propias universidades. O programa servirá, nunha palabra, para culminar o período de formación investigadora de futuros académicos e profesorado universitarios, tanto en España como no estranxeiro.

O programa presentado segue os obxectivos recollidos nos Descriptores de Dublín a nivel de postgrao posto que facilitará o coñecemento avanzado nas tendencias actuais nos diversos campos de especialización dos estudos ingleses (Lingüística inglesa e literatura e cultura dos países de fala inglesa), do mesmo modo que achegará ao alumnado a capacidade e o dominio das habilidades e métodos de investigación propios de cada un deles. O programa tamén permitirá desenvolver as competencias comunicativas con outros membros da comunidade académica, realizar e defender traballos de investigación de modo crítico, rigoroso, orixinal e académico. Finalmente, de acordo tamén cos Descriptores de Dublín, o alumnado familiarizarase co uso das novas tecnoloxías aplicadas, por exemplo, a investigación en xeral e, en particular, a lingüística de corpus e informática, o uso de grandes bases de datos lingüísticas e literarias, a tradución automática, técnicas estatísticas, as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino das linguas e literaturas, etc.

Empresas e institucións colaboradoras

.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Estudos da literatura e cultura norteamericana. Investigación dentro do campo da literatura e cultura norteamericanas, incluidos estudos literarios e culturais
  • Estudos de corpus, cognición, variación e cambio na lingua inglesa.
  • Estudos de Literatura e Cultura Inglesas. Investigación en literatura e cultura inglesas, incluindo estudos literarios, culturais e de tradución literario-cultural.
  • Estudos do discurso na lingua inglesa. Investigacións no ámbito da lingüística textual, a pragmática e o discurso
  • Lingüística Aplicada á tradución e ensino do inglés. Inclúe investigación da lingüística inglesa aplicada á traducción e ó ensino e aprendizaxe do inglés
  • Literatura e cultura irlandesas. Investigación na literatura, cultura e historia irlandesas, e estudo das relacións socioculturais entre Irlanda e Galicia
  • Outras literaturas en lingua inglesa. Literatura escocesa, australiana, africana e outras postcoloniais

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Discurso literario e sociedade nos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Literatura e perspectivas de xénero no ámbito anglófono (antigo en extinción) 3
Movementos literarios e culturais dos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Prácticum (antigo en extinción) 6
Métodos e recursos de investigación lingüística e a súa aplicación á lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Estudos ingleses e medios de comunicación (antigo en extinción) 3
Métodos e recursos de investigación literario-cultural no ámbito anglófono (antigo en extinción) 3
Inglés para fins específicos (antigo en extinción) 3
Perspectivas transculturais no ámbito anglófono (antigo en extinción) 3
Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Modelos de interpretación literario-cultural nos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Variación e cambio na lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Lingüística informática e de corpus aplicada á lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Cognición e procesos cognitivos en lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Lingüística contrastiva aplicada á lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Pragmática e análise do discurso en lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Adquisición e ensino do inglés (antigo en extinción) 3
Literatura e diversidade cultural no ámbito anglófono (antigo en extinción) 3
Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Xéneros e modos literarios en lingua inglesa (antigo en extinción) 3
Negociacións textuais e culturais nos países de fala inglesa (antigo en extinción) 3
Traballo Fin de Mestrado (antigo en extinción) 12
Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa 4,5
Variación e cambio na lingua Inglesa 3
Modelos de interpretación literario-cultural nos países de fala inglesa 4,5
Discurso literario e sociedade nos paises de fala inglesa 3
Inglés para fins específicos 3
Estudos Ingleses e Medios de Comunicación 3
Literatura e diversidade cultural no ámbito anglófono 3
Negociacións textuais e culturais nos países de fala inglesa 3
Métodos e Recursos de Investigación Literario-Cultural no Ámbito Anglófono 3
Literatura e Perspectivas de Xénero no Ámbito Anglófono 3

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Ciclo de conferencias New Trends in English Studies X, no salón de graos da Facultade de Filoloxía:

  • "El periodista y el editor literario" D. Juan de la Cruz, escritor e xornalista. 13 de marzo de 2014 ás 12:00 horas.
  • "From Centre to Periphery: Mappping Borders as Postcolonial Pratice" Profesor Ryszar Wolny da Universidade de Opole, Polonia. 18 de marzo de 2014 ás 12:00
  • "What makes cinema special? Key aspects of film analisys" Dr. Stankomir Nicieja da Universidade de Opole, Polonia. 19 de marzo de 2014 ás 16:30 horas.
  • "Hitos de la crítica a histórica anglonorteamericana" Prof. José Antonio Álvarez Amorós da Universidade de Alicante. 8 de abril de 2014 ás 9:00 horas.
  • "Hamlet´s Ghost´s Film Treatment" profesor Manuel Míguez Ben. 8 de abril de 2014 ás 9:45.
  • "Could you do me a favour? a Lesson in intercultural Pragmatics" Dra. Anna Szczepaniak kozak da University Adam Michiewicz, Poznan, Polonia. 8 de abril de 2014 ás 10:30.
  • "Textual and Cultural Negotiations in the Translation of Modernism: The Case of Katherine Mansfield" Dra. Teresa Caneda Cabrera da Universidade de Vigo. 17 de outubro de 2014 ás 12:00.
  • "In a Glass Darkly: Science, Technology and the Gothic Tradition in Mary Shelley´s Frankenstein" Dra. Laura Lojo Rodríguez. 21 de outubro de 2014 ás 11:00.
  • "Critical Thinking in the Making. The Poet/Critic from Sidney to coleridge" Dra. Alejandra Moreno da Universidade de Vigo. 22 de outubro de 2014 ás 9:00 horas.
  • "Alegrías da tradución: Nimbos de Díaz Castro" Dr John Rutherford da University of Oxford. 28 de outubro de 2014 ás 11:00.
  • Seminario de investigación da Facultade de Filoloxía: feminismo, xénero e estudos queer" 23, 24 e 25 de setembro de 2014.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.