Programa Oficial de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa

2024/2025

Que se aprende

Técnicas estatísticas, técnicas de optimización, técnicas matemáticas de axuda á toma de decisións.

Competencias xenéricas

1. Comprensión sistemática da área de estatística e investigación operativa e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados con dito área. 2. Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación. 3. Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal. 4. Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas nova e complexa. 5. Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional. 6. Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Competencias específicas

1. Capacidade de integración en grupos de traballo multidisciplinares desenvolvendo modelos innovadores da estatística e a investigación operativa. 2. Detección de ámbitos de nova aplicación para os modelos da estatística e a investigación operativa. 3. Capacidade para liderar proxectos de investigación no ámbito da estatística e a investigación operativa. 4. Capacidade para implementar ou transferir solucións innovadoras no ámbito da estatística e a investigación operativa.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As empresas e administracións públicas dispoñen hoxe en día de gran cantidade de información que necesitan procesar para mellorar o seu funcionamento e para deseñar os seus plans estratéxicos axeitadamente. Por iso, é previsible que necesiten cada vez máis profesionais co perfil dos doutores que sairán do presente programa. Por outro lado, en case todas as universidades do mundo se ofrecen titulacións que inclúen no seu plan de formación coñecementos de técnicas estatísticas e de optimización; en consecuencia, os doutores formados neste programa teñen amplas posibilidades de realizar unha carreira investigadora e docente no ámbito universitario.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Estadística
  • Investigación operativa y teoría de juegos

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
Estatística non paramétrica 5
Análise Multivariante 5
Fiabilidade e Modelos Biométricos 5
Análise de Supervivencia 5

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Recoméndanse as seguintes actividades formativas, aínda que todas son optativas: 1. Seguir cursos do máster universitario en técnicas estatísticas e doutros masters. 2. Estanzas de investigación en centros de recoñecido prestixio. 3. Asistencia a seminarios de investigación. 4. Participación en cursos de formación transversais. 5. Asistencia e participación activa en congresos. 6. Publicación de artigos científicos.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.