Investigar e innovar sobre os programas, accións, recursos e políticas socio-educativos necesarios para consegui-la equidade en educación é desde a súa creación o principal obxectivo deste programa de doutoramento, que se concreta nos seguintes obxectivos máis específicos:
*Formación de profesionais especializados na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación no actual marco das sociedades cosmopolitas. Profesionais capaces de investigar no ámbito do deseño, xeración, posta en marcha e avaliación de programas e recursos educativos adecuados ás actuais sociedades abertas e multiculturais desde a perspectiva da equidade.
*Adquisición de competencias e habilidades que capaciten ós investigadores en formación para a
transferencia do coñecemento, afrontando desde a equidade: (a) os retos e problemas implicados na
xestión e mobilización de procesos de investigación, (b) a innovación e o cambio xestados participativamente en institucións de ensino e contextos educativos.
*Contribuír e promove-la mobilidade e internacionalización dos e as investigadores/as en formación
garantindo un proceso de formación que implica un claro compromiso coa calidade, equidade e innovación na investigación educativa.
CB1 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB7 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.
CA1 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica e/ou unha sobresaturación de información de escaso ou nulo rigor científico.
CA2 - Identificar as preguntas clave que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA3 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento, así como avaliar as súas consecuencias.
CA4 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional e/ou multidisciplinar.
CADA - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular hipóteses coa información dispoñible.
CA6 – Activar un razoamento crítico e autocrítico, que lle permita cuestionar a información que recibe e cuestionarse ante ela, así como argumentar e xustificar os seus formularios.
OC1 - Capacidade para fundamentar epistemolóxica, interdisciplinar e metodoloxicamente un proxecto de
investigación contextualizado.
OC2 - Capacidade para utilizar e aplicar os coñecementos adquiridos en diferentes ámbitos profesionais e
disciplinares en relación directa coa Equidade e a Innovación na Educación.
OC3 - Capacidade para confrontar a actividade investigadora desde un compromiso ético cos principios e valores cívicos de participación democrática, de xustiza social, de liberdade, de tolerancia e de solidariedade.
OC4 - Capacidade para activar a autorregulación, a responsabilidade, a resiliencia, o afán de superación e a cooperación.
Competencias transversais
CB1 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB5 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos xeitos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB6 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB7 - Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas do programa
Están previstas unha serie de actividades común para garantir a coordinación entre universidades e a interrelación entre estudantes e profesorado, a través de actividades iguais, feitas de xeito rotatorio e secuenciado nas distintas universidades, tamén a través de estancias nas universidades do Programa e, noutras coas que se negociarán convenios. Estas actividades darán conta tamén das 2 liñas de investigación do programa, e así, os alumnos escollerán (axudados polos seus directores e titores) aquelas actividades da oferta formativa que se correspondan coa liña de investigación da súa tese. En canto a secuenciación do plan de estudos, as 48 h. de actividades específicas que deberá cursar cada estudante, distribuirase ao longo de 3 anos do programa (dedicación a tempo completo) e ao longo de 5 anos (a tempo parcial), polo que o proxecto formativo complétase así:
1)Xornadas de orientación. Obrigatorias o 1º ano: 4 horas. 2) Encontros con investigadores do programa. 5 por ano de 4 h. de duración. Deberán asistir a 2/ano, o que supón 6 encontros/3anos e un total de 24h. de formación/alumno. O alumnado con dedicación parcial asistirán ao mesmo número de encontros nos 5 anos. 3)Seminarios monográficos, alomenos 1/ano. Obrigatorios 3 de 4h. Todo isto nos 3 ou cinco anos, segundo dedicación. 4) Encontros con mozos investigadores. Un de 8h./ano (nos 3 ou 5 anos).
Ademáis, a finais do 1º semester do 1º ano, todos os alumnus deberán elaborar e defender o seu Proxecto de Tese. Ao final do 1º e 2º ano todos os alumnos deberán presentar o seu Plan Anual de Investigación, e a finais do 3º, defender a súa Tese de Doutoramento. Estes prazos amplíanse en 2 anos (alumnado a tempo parcial).
Procedementos de control:
1. Os asistentes terán que contestar un cuestionario que indagará os seus intereses e obxectivos de investigación, recursos bibliográficos e materiais dos que dispoñen, planificación do seu traballo de investigación, previsión de mobilidade interuniversitaria, etc. Isto formará parte do documento de actividades do doutorando (DADE) que revisarán tanto o director da tese como o titor, e avaliará a Comisión. 2. O alumnado participante elaborará, en grupo, un documento de reflexión e análise crítica, de síntese de novas ideas e, propostas sobre o proxecto presentado seguindo un guión con cuestión suscitadas polo IP do proxecto. Será avaliado polo IP e os membros designados por Universidade. 3. Control individual de asistencia á actividade. Os asistentes presentarán un resumo das sesión ás que asistiron cunha valoración persoal segundo a liña da súa investigación. 4. O alumnado realizará un traballo baseado nos contidos do seminario, polo que se comprobará o seu grado de comprensión e capacidade para deseñar de crear alternativas innovadoras e críticas ás investigación suscitadas polos expertos. Aqueles que participen activa e satisfactoriamente, recibirán un certificado avalado polo programa.
Compromiso documental de supervisión
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Plan de investigación
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
Accións para a mobilidade do estudantado
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.