Programa Oficial de Doutoramento en Enerxía e Propulsion Mariña

2025/2026

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Agentes y sistemas Multiagente
  • Aire húmedo
  • Ambientes interiores
  • Análisis de la calidad del suministro de la energía eléctrica.
  • Análisis y modelización de la radiación solar
  • Aplicaciones a problemas industriales y medioambientales con: Redes neuronales. Mapas autoorganizativos. Sistemas híbridos artificiales
  • Aprendizaje máquina y minería de datos
  • Ciencia e Ingeniería de Materiales
  • Control adaptativo
  • Control Inteligente
  • Descargas parciales en cables aislantes de alta tensión
  • Energía eólica
  • Energía undimotriz.
  • Estudio de los sistemas eléctricos en base a las modernas teorías de la potencia eléctrica.
  • Generadores eficientes con el horizonte de la Superconductividad
  • Gestión e Administración Marítima. Seguridad y Contaminación Marítima
  • Gestión eficiente de la energía eléctrica en sistemas eléctricos de potencia, industriales y residenciales
  • Gestión y Control de la Calidad y Mantenimiento
  • Historia de la Navegación e Instrumentación Náutica
  • Identificación
  • Ingeniería de Conocimiento
  • Inteligencia Artificial aplicada
  • Intercambio de datos entre programas de CAD y otras herramientas informáticas utilizadas en ingeniería.
  • Maniobra de buques y Reglamento de Abordaxes
  • Máquinas Térmicas
  • Medición de radiación
  • Mejora, optimización y Desarrollo de instrumentos inteligentes y sensores tradicionales e inteligentes
  • Meteorología y Oceanografía.
  • Métodos avanzados de Control
  • Métodos de reconocimiento de patrones.
  • Nuevas técnicas docentes
  • Nuevos métodos de clasificación débil (bagging y boosting)
  • Optimización y control de procesos con diseño de experimentos
  • Optimización y control de sistemas en industria y edificación
  • Optimización y supervisión de procesos industriales con técnicas inteligentes
  • Propulsores eléctricos sumergidos
  • Redes Neuronales
  • Redes Neuronales Artificiales no Supervisadas
  • Redes SOM
  • Reducción de dimensionalidad y visualización
  • Seguridad Informática
  • Sistemas innovadores de impulsión de fluidos.
  • Sistemas inteligentes en la ingeniería
  • Sistemas multiclasificador y fusión de información
  • Smart grids
  • Supervisión
  • Técnicas de Corrosión
  • Técnicas Energéticas
  • Tecnología BIM (Building Information Modelling) en los proyectos de ingeniería
  • Vínculo entre competencias académicas y atribuciones profesionales

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.

complementos créditos
Ciencia de Materiais 3
Ambientes interiores 3
Máquinas térmicas 3
Enerxía do vento 3
Técnicas enerxéticas 3
Introdución á investigación 3
Mantemento de instalacións industriais. 3
Materiais líquidos 3
Procesos enerxéticos e de transferencia de materia 3
Corrosión e enerxía 3
Sistemas de instrumentación e sensorización 3
Sistemas embebidos e as súas aplicacións 3
Enerxía solar 3
Tratamento de datos espaciais. Series temporais de datos. Ferramentas e bases bibliográficas para investigación. Indices de medición 3
Técnicas de control intelixente 3
Métodos tradicionais e emerxentes de optimización e control avanzado 3
Optimización de sistemas e procesos 3
Convertidores electrónicos de potencia 3
Espectrometría gamma 3
Espectrometría alfa/beta 3
Espectrometría alfa total 3
Xestión da calidade no LRA-UDC 3
Técnicas de mitigación, anulación e inhibición de radiación natural 3
Radón 3
Seguimento integral dunha mostra en radioactividade ambiental 3
Análise dos fenómenos de desfasamento reactivos en sistemas trifásicos desequilibrados a tres e catro fíos 3
Circuítos equivalentes de receptores trifásicos baixo excitacións simétricas 3
Filtros de secuencia para sistemas trifásicos desequilibrados 3
Potencias eléctricas e medida da eficiencia. Teoría Unificadora da Potencia Eléctrica 3
Optimización enerxética de instalacións eléctricas industriais e domésticas 3
O factor humano na siniestralidade marítima 3
Sistema de axuda á naveación de última xeración 3
As proxeccións cartográficas no contexto da cartografía náutica electrónica 3
Seguridade e saúde a bordo. Buques mercantes e pesca 3
Investigación de accidentes laborais 3
Modelado e propagación das ondas 3
Enerxía sustentable 3
Seguridade e xestión do transporte de cargas líquidas a granel 3
Prevención en loita contra a contaminación mariña 3
O remolque portuario e de escolta 3
As rexións MOU e o estado Reitor do Porto: Análise da súa implantación, procedementos de inspección e consecuencias no transporte marítimo 3

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.