Programa Oficial de Doutoramento en Dereito Administrativo Iberoamericano

2023/2024

Que se aprende

No Programa pódense abordar as liñas de investigación propias do dereito administrativo:

  • Historia do dereito administrativo
  • Bases constitucionais do dereito administrativo
  • Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dereitos humanos.
  • Fontes do ordenamento xurídico administrativo
  • Bo Goberno e boa administración. Gobernanza
  • Principio de legalidade e potestades administrativas
  • Suxeitos xurídico-públicos
  • O administrado e as súas relacións coa Administración
  • Actuación administrativa e procedemento administrativo
  • Contratación pública
  • Xustiza administrativa
  • Persoal ao servizo da Administración pública
  • Organización territorial e administrativa
  • Servizos públicos
  • Policía administrativa
  • Dereito sancionador
  • Actividade de fomento
  • Propiedade privada e dereito administrativo. Expropiación forzosa
  • Responsabilidade patrimonial da Administración pública
  • Bens de dominio público e patrimoniais
  • Cultura. Patrimonio cultural
  • Deportes. Dereito deportivo
  • Ordenación do territorio e urbanismo
  • Dereito administrativo global
  • Dereito administrativo económico
  • Seguridade social
  • Finanzas e facenda pública
  • Enerxía
  • Proteción civil
  • Seguridade. Defensa
  • Seguridade marítima
  • Sanidade
  • Educación
  • Medio ambiente
  • Administración pública e liberdade relixiosa
  • Ordenación administrativa do litoral
  • Novas tecnoloxías e Administración pública
  • Estranxeiría

Competencias xenéricas

Competencias xerais:

  • Competencia xeral 1 (CX1):Capacidade para planificar e levar a cabo tarefas xurídicas complexas de modo autónomo.
  • Competencia xeral 2 (CX2):Capacidade para identificar e aplicar todas as fontes xurídicas relevantes ante unha cuestión concreta.
  • Competencia xeral 3 (CX3):Capacidade para atopar solucións novas ou imaxinativas na formulación dun problema.
  • Competencia xeral 4 (CX4):Capacidade para analizar os problemas xurídicos desde unha pluralidade de enfoques e escoller o máis idóneo nun caso concreto.
  • Competencia xeral 5 (CX5):Capacidade para expoñer o coñecemento xurídico cun dominio axeitado das habilidades orais e escritas.

Competencias específicas

Competencias específicas:

  • Competencia específica 1 (CE1):Capacidade para ler e interpretar traballos complexos relacionados co ámbito xurídico.
  • Competencia específica 2 (CE2):Capacidade para sintetizar os argumentos xurídicos de forma precisa.
  • Competencia específica 3 (CE3):Capacidade para estruturar e redactar con fluidez textos xurídicos elaborados, empregando a terminoloxía tecnicamente apropiada.
  • Competencia específica 4 (CE4):Capacidade para estruturar os argumentos e transmitilos oralmente con competencia técnica e habilidade oratoria.
  • Competencia específica 5 (CE5):Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares como experto en dereito público e contribuír efectivamente ás súas tarefas.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Carreira docente e investigadora

Avogacía

Asesoramento xurídico a empresas e/ou administracións públicas

Traballo en administracións públicas e organismos de dereito público nacionais ou transnacionais

Empresas e institucións colaboradoras

Entidades con convenio coa UDC

  • Procuradoría da administración.
  • República de Panamá
  • Deputación provincial da Coruña. España
  • Concello da Coruña. España
  • Concello de Arteixo. España
  • Concello de Narón. España
  • Colexio de Avogados da Coruña
  • Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol. España
  • Centro Latinoamericano de Administración para o Desenvolvemento(CLAD). Venezuela
  • Asociación Internacional de Dereito Administrativo (Colombia)
  • Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo
  • Asociación Civil Instituto de Estudos das Finanzas Públicas Arxentinas (Arxentina)
  • Instituto chileno de dereito administrativo (Chile)
  • Asociación mexicana de dereito administrativo (Mexico)
  • Instituto de dereito administrativo paulista (Brasil)

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Actividad de fomento
  • Actuación administrativa y procedimiento administrativo
  • Administración pública y libertad religiosa
  • Bases constitucionales del Derecho Administrativo
  • Bienes de dominio público y patrimoniales
  • Buen Gobierno y Buena Administración. Gobernanza
  • Contratación pública
  • Cultura. Patrimonio cultural
  • Deportes. Derecho deportivo
  • Derecho administrativo económico
  • Derecho administrativo global
  • Derecho sancionador
  • Derechos fundamentales y libertades públicas. Derechos humanos.
  • Educación
  • El administrado y sus relaciones con la Administración
  • Energía
  • Extranjería
  • Finanzas y Hacienda Pública
  • Fuentes del ordenamiento jurídico administrativo
  • Historia del Derecho Administrativo
  • Justicia administrativa
  • Medio Ambiente
  • Nuevas tecnologías y Administración Pública
  • Ordenación administrativa del litoral
  • Ordenación del territorio y urbanismo
  • Organización territorial y administrativa
  • Personal al servicio de la Administración Pública
  • Policía administrativa
  • Principio de legalidad y potestades administrativas
  • Propiedad privada y derecho administrativo. Expropiación forzosa
  • Protección civil
  • Responsabilidad patrimonial de la Administración Pública
  • Sanidad
  • Seguridad marítima
  • Seguridad social
  • Seguridad. Defensa
  • Servicios públicos
  • Sujetos jurídico-públicos

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Contén catro tipos de actividades:

  • a) Cursos e actividades de formación instrumental e metodolóxica: ten por obxectivo formar os alumnos en metodoloxías e ferramentas de carácter transversal fundamentais para o desenvolvemento do proxecto de tese: Xornada de introducción ao doutoramento; obradoiro de seguimento metodolóxico individualizado; cursos de capacitación lingüística para a investigación; curso sobre manexo das fontes en liña e bases de datos para a investigación xurídica.
  • b) Cursos e actividades de formación complementaria, orientadas a dous obxectivos: en primeiro lugar, suplir as carencias de formación dos estudantes do programa de doutoramento (poderase encargar aos estudantes realizar un curso ponte, por exemplo); en segundo lugar, forxar ou reforzar a formación xurídico-administrativa do doutorando (a través dun plan de lecturas individualizado para cada doutorando).
  • c) Curso de formación avanzada en dereito administrativo iberoamericano, que pretende proporcionar ao alumno unha formación de alto nivel (anualmente ten lugar no Pazo de Mariñán, A Coruña, España, sen prexuízo de que a CAPD poida recoñecer o carácter do curso de formación avanzada a algunha outra oferta formativa de alto nivel).
  • d) Actividades de investigación: ademais das actividades de investigación propias da tese de doutoramento, o doutorando deberá realizar estadías de investigación, presentación de relatorios en congresos científicos especializados, elaboración de artigos de investigación, etc.

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.