Programa Oficial de Doutoramento en Dereito

2023/2024

Que se aprende

Liñas de investigación:

  • 1 Dereito do consumo e protección do consumidor
  • 2 Cuestións actuais do dereito internacional e europeo
  • 3 Criminalidade e xustiza penal no século XXI
  • 4 Dereito financeiro
  • 5 Estudos de dereito político e constitucional
  • 6 Estudos de dereito civil (Europa, España, Galicia)
  • 7 Institucións xurídico-privadas e a súa protección administrativa e xurisdiccional
  • 8 Estudos de dereito procesual: Galicia, España, Unión Europea e Iberoamericana.
  • 9 Filosofía, constitución e racionalidade
  • 10 Colaboración, conflito e competencia entre empresarios
  • 11 Dereito romano

Grupos de investigación:

  • Grupo Investigación G 499. Dereito do Consumo e Protección do Consumidor
  • Grupo Investigación G000498 – Cuestións actuais de Dereito Internacional e Europeo
  • Grupo Investigación G000225. Criminalidade e Xustiza Penal no século XXI
  • Grupo Investigación G000257 – Dereito Financeiro
  • Grupo de Investigación E000535. Estudos do Dereito Político e Constitucional
  • Grupo Investigación G000603. Proxectos e Estudos do Dereito Civil (Europa, España, Galicia)
  • Grupo Investigación G000150. Institucións xurídico-privadas e a súa protección administrativa e xurisdiccional
  • Grupo Investigación G000266. Estudos de Dereito Procesual: Galicia, España, Unión Europea e Iberoamericana
  • Grupo Investigación G00080. Filosofía, Constitución e Racionalidade
  • Grupo de Investigación G000433. Colaboración, conflicto e competencia entre empresarios

Competencias xenéricas

Competencias xenéricas:

  • CG1 - Ser capaz de localizar as fontes de información precisas para a investigación que se vai desenvolver, adquirindo a destreza para o seu posterior tratamento, selección, ordenación e sistematización en relación co obxecto de estudo.
  • CG2 - Ser capaz de resolver cuestións xurídicas de natureza complexa, motivadas polo frecuente carácter interdisciplinar dos temas e problemas obxecto de investigación

Competencias específicas

Competencias específicas:

  • CE1 - Comprensión sistemática do ámbito xurídico e dominio das habilidades e métodos de investigación relativos ás distintas disciplinas xurídicas.
  • CE2 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación no ámbito do dereito.
  • CE3 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal no ámbito do dereito privado e público.
  • CE4 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas no ámbito do dereito público e privado

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

- Carreira docente e investigadora

- Avogacía

- Asesoramento xurídico a empresas e/ou administracións públicas

Empresas e institucións colaboradoras

Listaxe de colaboracións con convenio:

  • 1 Concello de Ferrol
  • 2 Banco Pastor
  • 3 Consello Galego da Competencia
  • 4 Consellería Vivenda e Solo
  • 5 Deloitte Abogados
  • 6 Deputación Provincial da Coruña
  • 7 Endesa SA
  • 8 Ilustre Colexio Notarial de Galicia
  • 9 Ilustre Colexio Provincial de Procuradores da Coruña
  • 10 Inditex
  • 11 Novotec Consultores
  • 12 Pintos y Salgado Abogados
  • 13 Academia Galega de Seguridade Pública
  • 14 Escola Galega de Administración Pública (convenio específico público)
  • 15 Asociación Internacional de Estudos Galegos
  • 16 Comisión Nacional de Competencia
  • 17 Fundación Barrié de la Maza

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Colaboración, conflicto y competencia entre empresarios
  • Criminalidad y justicia penal en el siglo XXI
  • Cuestiones actuales de Derecho Internacional y Europeo
  • Derecho de consumo y protección del consumidor
  • Derecho Financiero
  • Derecho romano
  • Estudios de Derecho Civil (Europa, España, Galicia)
  • Estudios de Derecho Político y Constitucional
  • Estudios de Derecho Procesal: Galicia, España, Unión Europea e Iberoamericana.
  • Filosofía, Constitución y Racionalidad
  • Instituciones jurídico-privadas y su protección administrativa y jurisdiccional

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

complementos créditos
COMUNICACIÓN ORAL E ESCRITA 6
TEORÍA E PRACTICA DA ARGUMENTACION XURIDICA 4,5
METODOLOXÍA INFORMATICA DO DEREITO COMUNITARIO E DO DEREITO COMPARADO 2
METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN 3
METODOLOXÍA 4

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Impartiranse no primeiro ano para os estudantes a tempo completo e no segundo ano para estudantes a tempo parcial.

A descrición de cada actividade poderase consultar na memoria do programa

  • Seminario sobre Dereito da Contratación. Visión multidisciplinar Nº DE HORAS 15
  • Workshop Raimagining the alternatives to prision in Europe Nº DE HORAS 15
  • Seminario sobre os Retos da Xustiza Penal, Civil e Mercantil no Século XXI Nº DE HORAS 15
  • Seminario sobre Cuestións de Actualidade Xurídica Nº DE HORAS 20
  • Taller sobre razoamento xurídico e crítica do Dereito Nº DE HORAS 20
  • Taller sobre metodoloxía aplicada á investigación xurídica Nº DE HORAS 20

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Profesorado

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.