• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito campo. • Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación. • Capacidade para contribuír a ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal. • Capacidade de realizar unha análise crítica e de valoración e síntese de ideas novas e complexas. • Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional. • Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
• Adquirir coñecementos de lóxicas computacionais e as súas principais aplicacións a outras áreas específicas de investigación en computación, tales como o razoamento automático, a representación do coñecemento, o razoamento temporal e espacial, os sistemas multiaxente, a web semántica, a verificación formal etc. • Comprender os conceptos básicos da aprendizaxe computacional, as diferentes técnicas dispoñibles e o seu ámbito de aplicabilidade. Ser capaz de aplicar as distintas técnicas de aprendizaxe empregando unha metodoloxía adecuada. • Coñecemento dos principais aspectos de modelado formal e de valoración do rendemento dos sistemas distribuídos e concorrentes. • Posuír una ampla comprensión dos sistemas de xestión da información, desde os aspectos mais técnicos como as estruturas de datos compactas e os correspondentes algoritmos de uso, ata as mais avanzadas técnicas de recuperación da información, extracción de información e busca de respostas.
O doutoramento proposto enmárcase dentro do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). En España, a pesar da súa crecente importancia, o sector TIC xera tradicionalmente unha balanza comercial negativa. A investigación no sector TIC é, por tanto, imprescindible se un desexa inverter esa tendencia e situarse como país exportador de tecnoloxía informática. Os datos xustifican a demanda real, por parte do sector TIC, de profesionais con perfil investigador, dando resposta ademais ás necesidades formativas e científicas do Sistema Universitario Galego e ao sector TIC galego. Aínda que o doutoramento proposto presenta un importante compoñente de enfoque científico, o programa fomenta igualmente o espírito emprendedor. Así, antigos alumnos do doutoramento en Computación forman na actualidade parte do cadro de persoal de empresas TIC nacionais. Foméntase, igualmente, o espírito emprendedor e de autoemprego, partindo de iniciativas como o viveiro de empresas promovido pola UDC, da que xurdiron exemplos notables recentes tales como Lambdastream, Igalia ou Enxenio e que contan con persoal que se nutriu en maior o menor medida con alumnos e profesores do doutoramento en Computación da UDC.
Os distintos grupos de investigación do Departamento de Computación manteñen un amplo conxunto de colaboracións con outros grupos e universidades españolas e estranxeiras, que garanten a formación e mobilidade dos doutorandos. Do mesmo modo, mantéñense colaboracións con diferentes empresas do contorno TIC, a través de contratos con elas por parte dos diferentes grupos, ademais da colaboración de doutores e profesores con spin-off xurdidas no seo do Departamento. Relaciónanse, por exemplo, as que destacan pola súa estabilidade ou especial relevancia para o programa de doutoramento: Yahoo! Research Lab. (Barcelona), INRIA (Francia), Universidade de Sunderland (Reino Unido), Nasa Langley Research Center (Hampton, VA, EEUU), Computational Neuroengineering Lab. (Universidade de Florida, Gainesville, EEUU), Departmento de Computación - Imperial College de Londres (Reino Unido), Universidade Veracruzana (México), Universidade de Chile (Chile), Universidade de Houston (TX, EEUU), Universidade de Gothenburg (Suecia), Universidade Politécnica de Madrid.
Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.
Relación de seminarios específicos: http://www.dc.fi.udc.es/phd/?q=es/node/20
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.