Titulación conxunta das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
Matrícula a tempo parcial: o número de créditos por ano que deberá cursar o alumnado con dedicación a tempo parcial será de 30. Esta modalidade de matrícula é interesante para aquelas persoas que están traballando.
A maior parte da docencia impártese dende a Universidade de Santiago de Compostela. As clases teóricas das materias obrigatorias e boa parte das optativas pódense seguir por videoconferencia dende a aula do máster da Facultade de Ciencias. Non é posible seguir as clases dende o domicilio particular. Para máis información, consulta os horarios na web do título:
https://www.usc.gal/es/estudios/masteres/ciencias-salud/master-universitario-neurociencia
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Bioloxía Celular do Sistema Nervioso | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
| Neuroquímica | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
| Neuroanatomía | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
| Fisioloxía do Sistema Nervioso | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
| Neurociencia do Comportamento | Obrigatorio | 1º | 4 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 19 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Técnicas Psicofisiolóxicas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Investigación Aplicada en Neurociencia Cognitiva | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Procesos Psíquicos Superiores | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Condutas Adictivas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Neurodexeneración e Neurorreparación | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Fundamentos de Neurofisioloxía Clínica | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Fundamentos de Psiquiatría | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Neurociencia Computacional | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Modelos Biolóxicos e Computacionais de Representación do Coñecemento | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Neuroimaxe PET/SPECT: Preprocesado, Análise e Aplicacións Clínicas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Neurociencia Aplicada á Neuroloxía Clínica | Optativo | 2º | 3 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Fundamentos de Xenómica e Proteómica en Neurociencias | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Neurofarmacoloxía | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Técnicas de Neurobioloxía Molecular | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Desenvolvemento do Sistema Nervioso | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Evolución do Sistema Nervioso | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Neuroanatomía Comparada | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Técnicas Neuroanatómicas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Canales Iónicos e Comportamento Neuronal. Introdución ás Canalopatías | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Neuroendocrinoloxía | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Técnicas Electrofisiolóxicas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
| Neurotoxicoloxía | Optativo | 2º | 3 ECTS |
O Máster estructúrase en tres bloques principais: (1) un primeiro bloque de materias obligatorias, (2) un segundo bloque de materias optativas organizadas en especialidades, e (3) un terceiro bloque orientado á formación investigadora.
CURSOS OBRIGATORIOS BÁSICOS. Neste bloque cóbrense os contidos básicos en Neurociencia. Consta de 5 cursos teórico-prácticos onde se explican os conceptos básicos, os coñecementos actuais, as novas tendencias e os fundamentos das técnicas empregadas para xerar o coñocemento nos campos da bioloxía celular do sistema nervioso, a neuroquímica, a anatomía, la fisioloxía y o comportamento. CURSOS OPTATIVOS E ESPECIALIDADES. A continuación, o alumno pode escoller cursos optativos, ben deseñando o seu propio currículo ou ben escollendo unha das dúas especialidades que se ofrecen no programa. As especialidades son: Neurociencia Cognitiva e Neurobioloxía Celular e Molecular. Estas especialidades seleccionáronse en base a dous criterios principais: (1) a traxectoria investigadora e docente recoñecida dos profesores que integran o programa, e (2) as áreas que permitan identificar e distinguir a este programa doutras ofertas formativas no ámbito da neurociencia. Ao finalizar este bloque o alumno debe coñecer os problemas e as técnicas relacionadas coa especialidade seleccionada. TRABAllO FIN DE MÁSTER. Considerando que o programa é de carácter principalmente investigador, os alumnos teñen que realizar e defender un traballo fin de máster que ten como obxectivo introducir ao alumno en habilidades e metodologías en investigación. Especialidades O alumno debe cursar 7 materias optativas. O alumno debe facer un mínimo de 5 materias dunha especialidade para que lle conste nol suplemento ao título. Antes de realizar a matrícula das materias optativas o alumno debe consultar os horarios para comprobar que non haxa incompatibilidades.O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.