O Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns prepara para desempeñar funcións de prevención de riscos laborais de nivel superior. As ditas funcións poden resumirse nos seguintes puntos:
Así mesmo, prepara para previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens, así como para dar unha resposta axeitada ás posibles situacións de emerxencia na zona baixo a responsabilidade do/a titular da actividade, garantindo a integración destas actuacións co sistema público de protección civil.
O título capacita para o desempeño das funcións:
Técnico de nivel superior en prevención de riscos laborais, de acordo co R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se proba o Regulamento dos servizos de prevención.
Auditor dos sistemas de prevención, de acordo coa Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se proba o Regulamento dos servicios de prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servicios de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realiza-la actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas.
Dirección do Plan e Dirección da emerxencia, recollidas en Real decreto 524/2023, do 20 de xuño, polo que se proba a Norma Básica de Protección Civil.
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.