Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Kinesioloxía Avanzada do Exercicio Físico | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Fisioloxía Avanzada do Exercicio Físico | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Control Motor Avanzado do Exercicio Físico | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Rexistro e Análise de Datos no Exercicio Físico e Deporte | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Adestramento e Readaptación do Compoñente Metabólico e Cardiovascular | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Adestramento e Readaptación do Compoñente Neuromuscular | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Adestramento e Readaptación do Compoñente Perceptivo-Motor | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Adestramento e Readaptación do Compoñente Comportamental | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Adestramento e Readaptación no Ciclo Vital Humano | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Adestramento e Readaptación nas Alteracións da Saúde | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Preparación Física: Ferramentas Tecnolóxicas, Programas e Estudo de Casos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Readaptación Deportiva: Ferramentas Tecnolóxicas, Programas e Estudo de Casos | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Programas Avanzados de Preparación Física e Readaptación en Tríatlon, Ciclismo e Running | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Programas Avanzados de Preparación Física e Readaptación en Deportes con Implemento | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Programas Avanzados de Preparación Física e Readaptación no Fútbol | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Programas Avanzados de Preparación Física e Readaptación en Combat Sports | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.