O Máster Universitario en Enxeñería en Deseño Industrial profundiza nos aspectos claves do Deseño Industrial, proporcionando unha formación altamente especializada en tres sectores económicos clave: o Deseño para a Movilidade, Transporte e Automoción, o Deseño de Complementos de Moda, Xoiería e Xemoloxía e o Deseño de Mobiliario e Contract, ó longo dun curso académico, cun total de 60 ECTS.
Este título complementa as ensinanzas do Título de Grado en Enxeñería de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto que se imparte na EUDI desde o curso 2009-2010.
• C01 - Relaciona-las distintas disciplinas que converxen no deseño para colectividades (enxeñería, arquitectura, psicoloxía ambiental, ecoloxía, etc..) que lle permitirán integrarse en equipos interdisciplinares.
• C02 - Domina-las técnicas de xestión de procesos e os seus efectos sobre a optimización e axilización de tempos na concepción, produción e lanzamento de produtos.
• C03 - Identificar e comprender conceptos e nomenclaturas relativos ó mundo da Enxeñería en Deseño Industrial.
• C04 - Dominar parámetros de deseño ambiental e confort cromático.
• CMP01 - Integra-las metodoloxías propias da Enxeñería en Deseño Industrial y Desenvolvemento de Produto, propoñendo solucións apropiadas desde o punto de vista industrial, técnico e económico.
•CMP02 - Integra-los métodos de investigación de tendencias nos proxectos.
•CMP03 - Aplicar técnicas de xestión do deseño a nivel operativo e estratéxico para logra-la interlocución entre estratexia empresarial e deseño.
• CMP04 - Deseñar, innovar e xestionar novos produtos, centrándose no usuario e os estilos de vida.
• CMP05 - Deseñar, planificar e xestiona-lo deseño e a enxeñería en espacios públicos e arquitectónicos destinados ó uso colectivo: entornos e eventos urbanos, espacios expositivos, elementos de mobiliario urbano, transporte público e instalacións eventuais, a partir dos factores dimensionais xerais e os factores específicos de uso que presentan.
• CMP06 - Deseñar tendo en conta factores humanos e criterios ergonómicos, aplicando modelos mecánicos, cinemáticos e dinámicos, considerando a accesibilidade universal e a integración das persoas con diversidade funcional e necesidades particulares de adaptación.
• CMP07 - Xestiona-lo ciclo de vida do produto, PLM (Product Lifecycle Management), aplicando criterios de ecodiseño, sostenibilidade e eficiencia dentro do sistema de xestión da empresa, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
• CMP08 - Incorporarse a departamentos de enxeñería e deseño colaborativo, así como a oficinas técnicas e departamentos de I+D+I.
• CMP09 - Xestiona-lo coñecemento en deseño aplicado ó modelo empresarial e ó deseño de produtos industriais, aplicando técnicas de análise de novas demandas e de preferencias de usuario.
• CMP10 - Planificar, deseñar, xestionar e dirixir de forma eficaz equipos e proxectos complexos de enxeñería en deseño, resolvendo os aspectos conceptuais, técnicos e organizativos do proxecto.
• C01 - Relaciona-las distintas disciplinas que converxen no deseño para colectividades (enxeñería, arquitectura, psicoloxía ambiental, ecoloxía, etc..) que lle permitirán integrarse en equipos interdisciplinares.
• C02 - Domina-las técnicas de xestión de procesos e os seus efectos sobre a optimización e axilización de tempos na concepción, produción e lanzamento de produtos.
• C03 - Identificar e comprender conceptos e nomenclaturas relativos ó mundo da Enxeñería en Deseño Industrial.
• C04 - Dominar parámetros de deseño ambiental e confort cromático.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Tendencias. Deseño Industrial. Sociedade e Empresa | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Xestión do Deseño | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Empresa e Competitividade | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Produto e Mercado | Obrigatorio | 1º | 3 ECTS | |
| Emprendemento. Creatividade e Deseño | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Factores Interrelacionados co Desenvolvemento de Produtos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Requerimentos Básicos do Deseño Industrial | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Historia dos Complementos | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
| Complementos. Materiais e Procesos Específicos | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Tecnoloxía | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Historia do Moble | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
| Mobiliario e Espacio | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Contract | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Historia da Mobilidade | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
| Automoción | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
| Transporte | Optativo | 1º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Prácticas Externas | Obrigatorio | 2º | 1,5 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 7,5 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.