Máster Universitario en Tecnoloxía Textil e Moda Sustentable (MUTTMS)

2025/2026 · 90 créditos

Que se aprende

Ao cursar este máster aprenderás a:

  • Deseñar e desenvolver produtos téxtiles innovadores, incluíndo téxtiles técnicos, funcionais e intelixentes.
  • Seleccionar e traballar con materiais avanzados, comprendendo as súas propiedades e procesos de fabricación.
  • Aplicar criterios de sustenbilidade, incorporando ecodiseño e economía circular en toda a cadea de valor.
  • Utilizar tecnoloxías dixitais e xeramentas de análise de datos para mellorar procesos e productos téxtiles.
  • Xestiona-la calidade e cumpri-la normativa no desenvolvemento e producción téxtil.
  • Entende-lo funcionamento global da industria téxtil, desde o deseño ata a comercialización.

En definitiva, adquirirá unha formación práctica e actual para crear solucións téxtiles innovadoras e sustenbles adaptadas ás necesidades reais do sector

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

As competencias adquiridas aplícanse nun contorno profesional innovador e en constante evolución:

  • Encaixan na industria téxtil e da moda, cada vez máis orientada á sustentabilidade.
  • Permiten traballar en empresas, centros tecnolóxicos e de investigación.
  • Facilitan o desenvolvemento de novos materiais e produtos téxtiles.
  • Contribúen á optimización de procesos productivos e control de calidade.
  • Aplícanse na implementación de estratexias de economía circular.
  • Preparan para participar en proxectos de I+D+i.
  • Favorecen o traballo en contornos multidisciplinares con enfoque técnico e ambiental.

Saídas profesionais e académicas

O Máster en Tecnoloxía Textil e Moda Sostible abre un amplo abanico de saídas profesionais nun sector cada vez máis orientado cara á innovación e a sustenibilidade. As persoas egresadas poderanse incorporar a empresas téxtiles e de moda desempeñando funcións no deseño e desenvolvemento de productos, a selección e optimización de materiais, así como na implantación de procesos productivos avanzados. Así mesmo, estarán capacitadas para traballar en áreas de control de calidade e cumprimento normativo, garantindo que os produtos téxtiles se axusten aos estándares técnicos e ambientais vixentes.

Outra saída relevante é a participación en departamentos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), onde poderán liderar ou colaborar en proxectos orientados á creación de novos téxtiles, incluíndo materiais intelixentes e solucións sustenbles. Do mesmo modo, o máster permite acceder a perfís vinculados coa xestión da sustentabilidade, aplicando principios de economía circular, ecodiseño e redución do impacto ambiental na industria.

Ademais, o programa fomenta o emprendemento, preparando os estudantes para desenvolver os seus propios proxectos ou startups no ámbito téxtil e da moda sustendible.

No ámbito académico, este máster constitúe unha base sólida para continuar con estudos de doutoramento e investigación, facilitando a especialización en novas tecnoloxías téxtiles e o desenvolvemento de solucións innovadoras desde un enfoque multidisciplinar.

Empresas e institucións colaboradoras

Empresas con convenio vixente: 


Fashion El Pulpo SL
Insertega SL
The Post Fiber SL
Pull&Bear España SA
Ecodicta Fashion Sharing SL
Chimpos SL
Xanelum SL
BynanÄ Studio
Inditex Industria de Diseño Textil SA


Planificación do ensino

Recomendacións técnicas para a modalidade a distancia

Estas recomendacións están dirixidas ao alumnado que curse o Máster Universitario en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sostible en modalidade a distancia, co fin de facilitar un seguimento adecuado das sesións, actividades e contidos do máster.

O alumnado deberá contar cos seguintes recursos técnicos mínimos:

- Computador persoal con sistema operativo actualizado (Windows, macOS ou Linux).

- Conexión a internet estable e de boa calidade, que permita a visualización de vídeos en streaming, participación en videoconferencias e acceso a plataformas docentes sen interrupcións.

- Cámara web e micrófono, integrados ou externos, necesarios para a participación en sesións síncronas, titorías e presentacións orais.

- Auriculares, recomendables para mellorar a calidade do audio e reducir ruídos en contornas compartidas.

- Navegador web actualizado (preferiblemente Google Chrome ou Mozilla Firefox) para o acceso a plataformas virtuais.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 3,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 4,500000000 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas externas Primeiro Cuadrimestre 12,0 ECTS
Traballo fin de máster Segundo Cuadrimestre 18,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 3,0 ECTS
Traballo fin de máster Primeiro Cuadrimestre 15,0 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.