Máster Universitario en Tecnoloxía Textil e Moda Sustentable

2024/2025 · 90 créditos

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Materiais. Fíos e Fibras Téxtiles Obrigatorio 4,5 ECTS
Estruturas Téxtiles Obrigatorio 4,5 ECTS
Ecotextiles. Ecodiseño e Reciclaxe Obrigatorio 4,5 ECTS
Xestión e Control de Calidade Obrigatorio 4,5 ECTS
Análise de Datos Obrigatorio 4,5 ECTS
Deseño Dixital e Desenvolvemento de Produtos Téxtiles Obrigatorio 4,5 ECTS
Economía Circular Obrigatorio 3 ECTS
Dereito Ambiental para Xestores de Empresas Téxtiles Obrigatorio 3 ECTS
Tratamento e Acabados Téxtiles Obrigatorio 4,5 ECTS
Téxtiles Intelixentes e Téxtiles Técnicos Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Innovación na Industria Téxtil Optativo 4,5 ECTS
Procesos de Fabricación no Sector Téxtil Optativo 4,5 ECTS
Caracterización de Materiais Téxtiles Optativo 4,5 ECTS
Tratamentos da auga na Industria Téxtil Optativo 4,5 ECTS
Política de Produto e Estratexia de Marca Optativo 4,5 ECTS
Prevención de Riscos na Industria Téxtil Optativo 4,5 ECTS
Marketing en Moda Sostible Optativo 4,5 ECTS
Ética na Cadea de Valor Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
  Guía Carácter Cuadr. créditos

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.